Normalización Lingüística

O APALPADOR

O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas altas montañas. Usa boina, casaco esfarrapado e remendado, fuma en pipa, e aliméntase de landras e xabaríns. Polo Nadal baixa ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmen. Caladiñamente, apálpalles as barrigas para ver se os rapaces estan ben alimentados. 

 

     De teren a barriga chea, di: "Así, así esteas todo o ano". Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasen máis fame, marcha deixándolles castañas quentes.

 

     É unha tradición das comarcas do Courel e do Cebreiro. Nas serras de Manzaneda, Queixa e Invernadorio, en Ourense, chámase Pandigueiro.

se queredes saber máis podedes consultar información na seguinte páxina:

http://www.apalpador.com/

e tamén no neste enlace no que se atopan recursos para traballar:

https://sites.google.com/site/traballamosoapalpador/

O APALPADOR

DALLE A LINGUA (ONDA CERO)

11/11/2013 11:31
Atlantic/Bermuda

O días de emisión do centro vai ser dende este luns 11 de novembro ata o venres 22 de novembro de 11:50 a 12 horas aproximadamente, de luns a venres.
Podedelo escoitar en directo:
-no 95.3 fm

-en internet
http://www.ondacero.es/directo/galicia/pontevedra/

"DALLE A LINGUA" DE ONDA CERO

 


 

O 8 DE NOVEMBRO ESTIVO A RADIO NO COLE!

 

O ESPAZO "DALLE A LINGUA" DE ONDA CERO EMITIRÁ A PARTIR DO LUNS 11 E ATA O 22 DE

 

NOVEMBRO OS TRABALLOS REALIZADOS POLO ALUMNADO:

CANCIÓNS, POEMAS, LENDAS, CHISTES, RECEITAS, ETC

O ESPAZO EMITESE ARREDOR DAS 11:53H. ESTADE ATENTOS!!!!

https://www.youtube.com/watch?v=IfTUt3vlIyg

AS MATEMÁTICAS NA RÚA

Rematamos as actividades do ENDL deste curso coa exposición  “As matemáticas na rúa”.

 

Foi una maneira divertida de darse conta  que a vida non se concibe sen as matemáticas.

Distribuir contido