Escolares

SAMAÍN-HALLOWEEN 2008

00/00/
Array


Este ano adiantamos a celebración do SAMAÍN-HALLOWEEN ó ser o día 31 non lectivo. Tivemos como novidade a procesión de pantasmas que foi moi concurrida como podedes ver nas imaxes.

Se queredes entretervos un rato na casa visitade os enlaces que aparecen no artigo que recolle os nosos traballos do curso pasado por estas datas.

NOVIDADES PARA O PRESENTE CURSO 2007-08

00/00/
Array

I.                 PLAN VALORA.

 

No presente curso o noso colexio foi seleccionado para desenvolver o proxecto presentado.

Está baseado no desenvolvemento sustentable e os problemas que se están a xenerar na sociedade actual derivados do consumo irracional producidos pola superproducción.

O proxecto,despois da súa elaboración, pasará por unha fase de execución (2º e 3º trimestre), na que se buscará a implicación da comunidade educativa, tanto para cooperar como para participar das actividades.

  

II.              ACTUALIZACIÓN DA PÁXINA WEB.

 

O PROXECTO DRUPAL é unha iniciativa da Consellería de Educación para que determinados colexios da Comunidade participen nel e actualicen as súas páxinas web, seguindo uns modelos preestablecidos que lle darán uniformidade sen restar iniciativa e orixinalidade o traballo feito desde os colexios.

Outros dos beneficios que nos ofrece é a posibilidade de que os profesores, alumnos e pais-nais participen, xa que teñen reservados varias seccións, nas que poden cargar as diferentes informacións nas que están a traballar ou que presentan como proxectos.

                                   III.                   BIBLIOTECA ESCOLAR. 

Esta é un dos proxectos que máis ilusión nos fai, xa que desde hai anos nos dispoñiamos dun espacio axeitado.

Neste segundo trimestres estamos a traballar na aula, reorganizando o espacio, actualizando e incrementando os  número de volúmenes. Ase mesmo, disporase de acceso a Internet desde dous ordenadores.

Cando esté preparada,  estará aberta tódolos días na hora de recreo e polas tardes.

Distribuir contido