Escolares, Ed. Infantil, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Idioma estranxeiro, Ed. Física, Ed. Musical, 3 anos , 4 anos, 5 anos, Educación Primaria, Inglés, Francés

PARABÉNS!!!

00/00/
Array

 

 

 Fondo d diploma feito por Hayma

 

Este fermoso debuxo realizado pola alumna   Haymanot Rueda López de 4ºA foi escollido como fondo do diploma dos 515 alumnos  dos 10 centros públicos da provincia que participaron no programa “Manexando a Interculturalidade “organizado polo concello, Concellaría de Benestar Social, Educación e Vivenda ,en colaboración coa Consellería e o Ministerio de Traballo e Inmigración.

A finalidade do concurso era fomentar os valores da integración e a tolerancia no ensino nos centros educativos.

 Os alumnos/as dos colexios de Infantil participaron nun concurso de Debuxo, os de Primaria participaron nun concurso de Contos e, finalmente, os de Secundaria, nun concurso de Banda deseñada.

O xurado tamén acordou conceder diploma especial, na modalidade de Contos (alumnos de Primaria) a Hayma do noso cole polo traballo “Etiopía”.

Se queredes ver a noticia completa premede aquí.

MAGOSTO 2008

00/00/
Array

Xa tedes na galería de imaxes do colexio as imaxes do Magosto.

Podedes velas clikando aquí

O composteiro

00/00/
Array
Este curso, e dentro do Plan Valora-ambiente no que estamos a traballar dende hai tres cursos, o alumnado do colexio participou en talleres para transformar a materia orgánica en humus.
Montamos no patio un composteiro. Nel imos botar os restos de comida e de merendas, e tamen follas secas, ramas, herbas, etc.
O final de curso teremos terra abonada que é moi boa para as plantas.

Paseo do alumnado de 6º polo río dos Gafos

00/00/
Array

O 13 de outubro saimos a coñecer o Río dos Gafos. Foi unha vista guiada por membros da Asociación Vai polo Río.

Se queredes ver máis fotos clicade aqui

SAMAÍN-HALLOWEEN 2008

00/00/
Array


Este ano adiantamos a celebración do SAMAÍN-HALLOWEEN ó ser o día 31 non lectivo. Tivemos como novidade a procesión de pantasmas que foi moi concurrida como podedes ver nas imaxes.

Se queredes entretervos un rato na casa visitade os enlaces que aparecen no artigo que recolle os nosos traballos do curso pasado por estas datas.

Distribuir contido