Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

Curso 15-16

Proxecto Lector 2ºEP 2015/2016

Visita á Granxa O Cancelo

BUSCA DAS LETRAS GALEGAS POLA ESCOLA: CONMEMORACIÓN DEDICADA A MANUEL MARÍA

Estea ano fixemos na escola varias actividades pala celebrar AS LETRAS GALEGAS dedicadas ao grande poeta galego MANUEL MARÍA. Premendo aquí podedes ver as actividades comúns que fixemos co resto da escola.

Ademais, o venres antes da ponte desta celebración fixemos un xogo divertidísimo, tivemos que buscar as letras do abecedario galego agochadas por toda a planta baixa da escola. Logo con elas compuxemos o nome de MANUEL MARÍA, AÑO e CARACOL, que son os animais protagonistas dos poemas deste autor que escollimos en infantil para facer o noso mural poético.

 

 

A NOSA COLABORACIÓN NA ELABORACIÓN DO MAIO DA ESCOLA

Na primeira semana de maio tivemos que facer un maio para levar á celebración que iamos compartir con outros colexios de Ferrol na praza de España. Finalmente as actividades canceláronse por mal tempo, pero aquí tendes algunhas fotos da nosa colaboración para facer o noso Maio-moucho...

 SE QUERES VER O RESTO DAS ACTIVIDADES COMÚNS SOBRE OS MAIOS QUE FIXEMOS TODA A ESCOLA PREME AQUÍ.

 

OBRADOIRO DE COCIÑA: HOXE TOCAN MAGDALENAS!!

Seguimos converténdonos en cociñeiras e cociñeiros expertos grazas ás nosas experimentacións culinarias, que ricos están todos os ingredientes! Se poidésemos xa comíamos a masa toda sen cocer nin nada! Que larpeir@s!

 Pero non todo e tocar, probar e saborear... tamén traballamos as matemáticas contando, usando os ordináis, ordenando accións, medindo, pesando, repartindo, dividindo,... A cociña da para moito!

 

 

 

VISITA Á EXPOSICIÓN SOBRE O POBO XITANO

O pasado 8 de Abril celebramos na escola a Conmemoración Internacional do día do Pobo Xitano. En infantil e nos cursos  baixos de primaria fomos ver un conto narrado á biblioteca do centro sobre a vida cotiá dun neno xitano chamado Antonio.  Os maiores recibiron a visita de Alejandra Barrul Fuentes, unha rapaza xitana que está estudando na universidade co obxectivo de converterse en xuíza. Premendo aquí ou na fotografía superior tendes a ligazón a estas actividades feitas cos demais compañeiros e compañeiras do centro

 

Nós fomos a visitar a exposición sobre o Pobo Xitano, elaborada gracias á colaboración de varias familias xitanas do centro. Para coñecer máis sobre este pobo e as súas tradicións tivemos a sorte de contar con Janet Gabarre Giménez de 5º de Primaria como guía. Con toda a súa ilusión foi explicándonos como son as vodas xitanas, grazas a un dos varios traxes de noiva que vestiu a súa nai nese día, das fotos da familia botando as améndoas caramelizadas sobre a noiva, que poidemos ver e tocar, e de máis obxectos típicos das vodas; pero tamén aprendemos algo da vida cotiá, como das cachabas, bastóns característicos dos maiores; os aparellos para montar os cabalos; a cestería, traballo artesán típico deste pobo; tamén nos falou do flamenco, dos cantaores e bailarinas, do instrumento chamado caixón, da súa roupa e calzado, ... entre outras cousas.

Logo fomos á nosa clase con Janet e estivemos bailando un pouco de flamenco con ela, iso era o que máis nos apetecía!!

 

MOITÍSIMAS GRAZAS JANET, DESCUBRIMOS MOITAS COUSAS INTERESANTES GRAZAS A TI!!

UNHA APERTA DE TOD@S!

NOVAS ADQUISICIÓNS NA PEIXEIRA DO MASDÍAS

En Abril levamos unha sorpresa coa nosa peixeira: ademais dos guppys que se criaron xa na nosa peixeira, que aínda son crías,  e dos neóns, que son os únicos que quedan do grupo de peixes orixinal (hai máis dun ano) agora volvemos ter os útilies chupa algas chineses, uns graciosos naríz de borracho e os picasianos arlequíns. Aquí tendes un pouquiño do que disfrutamos cada día...

NOVOS RECUNCHOS NA AULA

Nesta terceira avaliación fixemos tres grandes cambios na aula, desapareceron os recunchos de xogo simbólico A CASIÑA, OS TRENS  e OS ANIMAIS E AS CONSTRUCCIÓNS. Pero a cambio apareceu o MERCADO, OS COCHES E A CIDADE e o recuncho dos ARTISTAS. Ademais puxéronnos xa o encerado dixital que nos ven moi ben para moitas cousas, entre elas para debuxar e facer trazos dun xeito diferente...

 

En concreto, o recuncho do MERCADO está a sernos moi útil para traballar tanto a lectoescritura como os números e as sumas. Os cartaces dos distintos postos están feitos por nós, así como os carteliños cos prezos (máis adiante traballaremos de xeito práctico a utilidade dos cartos) e tamén estamos utilizando as cestas da compra para facer sumas de elementos...

Este mercado danos moito xogo!

 

 

PSICOMOTRICIDADE

Este curso a profe Noelia ademais de estar con nós na aula tamén nos da as sesións de PSICOMOTRICIDADE que tanto nos gustan! Aquí tendes un exemplo de porqué as desfrutamos tanto!

SEMANA PROTAGONISTA DE IVÁN POLO SEU 5º ANIVERSARIO

A principios de abril celebramos a Semana protagonista do noso queridísimo compañeiro IVÁN na que gozamos dos seus obxectos máis prezados, que compartíu con nós estes días, e na que lle contamos o importante e especial que é para cada un/ha de nós na nosa aula. 

O día no que celebramos o cumple fixemos unha TORTA DE AMORODOS, tal e como quería Iván, porque, en realidade, no momento da votación da receita a facer o escollido pola maioría foron magdalenas, pero algúns compañeiros e compañeiras cambiaron o seu voto para que Iván tivese no seu aniversario a merenda que quería.

Moi ben por ese compañerismo!

 

Cocimos a torta no forno da escola, que trouxemos á nosa clase, e logo fixemos a nosa FESTA RACHADA!

Outro día desta semana tan especial viñeron a nai e o pai de Ivan a pasar un ratiño con nós. Jose leunos un conto no que nos gustou moito e Eva repartiunos unha lambetada que tamén nos encatou!

Moitas grazas pola vosa visita, como nos gusta tervos na aula!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut