Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Complementarias

CONCERTO DIDÁCTICO

00/00/
Array

O venres, día 4 de xuño, no Auditorio Municipal se celebrará un concerto didáctico para todos os alumnos e alumnas do centro a cargo de LUBMILA ORLOVA.

O concerto dará comezo ás 12:00 horas e terá unha duración aproximada de 1 hora.

CONTACONTOS

00/00/
Array

O venres, día 28 de maio, os alumnos/as de 1º de E. Primaria asistirán a unha sesión de contacontos no Auditorio Municipal de Cariño a partir das 11:15 horas. A duración aproximada da actividade é de 45 minutos.

CONTACONTOS E. INFANTIL

00/00/
Array

O vindeiro martes, día 27 de abril, os alumnos/as de Educación Infantil do centro realzarán unha sesión de contacontos no Auditorio Municipal ás 11:20 horas a cargo de TRINQUE-TRINQUE.

Esta actividade está financiada polo Concello de Cariño.

xogade: atletismo I

00/00/
Array

O xoves día 22 de abril participaremos nunha xornada de atletismo dentro do programa "XOGADE" da Xunta de Galicia.

Alumnado: desde 2º ata 5º , equipos de seis participantes. Total 8 equipos.

Lugar: Pavillón Municipal de Cedeira.

Horarios: saída ás 9:45 desde o colexio, chegada ás 14:00 aprox.

Disciplinas: lanzamento de balón lastrado, lanzamento de xavelina, carreira de velocidade (60m), carreira de remudas (relevos ), salto de obstáculo, salto de lonxitude, salto de altura e carreira de remudas con valos (vallas).

Se queres ver estas fotos na galería, preme aquí.

Para avanzar máis rápido os fotogramas, fai clic dentro deles

Día da Paz

00/00/
Array

Día da paz

O venres 29 de xaneiro celebramos no colexio o "Día da Paz". As actividades que realizamos foron as seguintes:

No salón de actos ás 10.30h:

  • Lectura dos poemas sobre a paz, feitos por cada clase.
  • Proxección do video "Puk y el muro"
  • Cantamos a canción de Juanes "Es tiempo de cambiar".
  • Presentación da montaxe feita cas fotos dos alumnos/as e persoal do colexio.

No patio (cuberto):

  • Lectura do "Decálogo pola Paz" (ao final no Salón de Actos por inclemencias do tempo).
  • Solta de pombas.
Podes ver un anaco das actividades realizadas premendo no seguinte
video: 

FELIZ DÍA DA PAZ

MAXIA

00/00/
Array

O vindeiro xoves, día 11 de febreiro, os alumnos/as do centro asistirán a un espectáculo de maxia a cargo do MAGO BENXAMÍN.

A actuación se celebrará no AUDITORIO MUNICIPAL da Casa da Cultura do Concello ás 13:00 horas e durará aproximadamente 50 minutos.

Esta actividade está subvencionada por ANPA "A Basteira".

Distribuir contido