Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Actividades

Aulas de familia

29/01/2019 16:30
Europe/Madrid

O Concello de Cariño, coa colaboración de diversos axentes entre os que se atopa o colexio, está planificando a realización de varios obradoiros de aulas de familia impartidos polas técnicas da asociación Asfedro, no programa "Máis que un teito". Estes obradoiros están dirixidos ás familias de Cariño, teñan ou non fillas/fillos no colexio.

Data de comezo: Martes 29 de xaneiro

Lugar: CEIP "Manuel Fraga Iribarne"

Horario: 16:30 a 18:00

Temática: segundo as preferencias e interese das persoas asistentes. Posibles temas: comunicación familiar, educando en igualdade, resolución de conflitos na familia, normas e límites, habilidades sociais, autoestima e reforzo positivo, tácnicas de estudo, educación para a saúde, primeiros auxilios na infancia e adolescencia.

 

Ver o documento en formato PDF

 

A educación a debate

00/00/
Array

O vindeiro xoves , 25 de Xaneiro , terá lugar no CFR de Ferrol , unha xornada de debate sobre as redes sociais e os recursos dixitais que utilizan a cotío as nenas e nenos.

Esta actividade está aberta a toda a comunidade educativa, con especial interese para as familias, onde se lles dá a posibilidade de participar, preguntando ou aportando experiencias .

Data: Xoves 25 de Xaneiro    Horario: 16:30h a 18:30h
 Lugar: CFR de Ferrol ( Salón de Actos)

 

Cartel do evento.

 

Distribuir contido