Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Abril 29, 2020

Dadas as circunstancias de confinamento que estamos a vivir e as dificultades que o alumnado e as familias puideron presentar para poder participar no concurso, o equipo TICs decidiu cancelar a convocatoria deste ano do Concurso de Fotografía.

Lamentamos as molestias que isto poida ocasionar e agradecemos o esforzo do alumnado que ata o de agora presentara as súas propostas.

 

Ánimo a todas as familias e especialemente, ao noso alumnado!

Xa queda menos!

Start: 29/04/2020 16:22
Start: 29/04/2020 16:24

 

O PORTAL DA LINGUA GALEGA 

 

 

SEMINARIO GALÁN

 

 

PRIMAVERA DAS LETRAS GALEGAS 

 

 

O BLOG DE MIMI

 

 

 KALANDRAKA TV

 

 

O XOGO DE DON RICARDO

 

 

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

 

 

 

 RICARDO CARVALHO CALERO

 

 

 

DON RICARDO DE FINGOI

 

 

OBSERVATORIO DA LINGUA GALEGA

 

 

REAL ACADEMIA GALEGA

 

 

BIBLIOTECAS ESCOLARES

 

 

RULETA DE PALABRAS

 

 

O MISTERIO DA CASA DE RICARDO CARVALHO CALERO

 

 

PIRATAS DO BENCHO

 

 

APRENDE XOGANDO

 

 

 

 

PREGUNTOIRO MUSICAL

 

 

"O LAIO DA PALABRA" , GRUPO MASKARPONE

 

 

 

 

 

Mércores Maio 06, 2020
Start: 06/05/2020 12:47

Restablécese o prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado do 2º Ciclo da Educación Infantl e Educación Primaria.

Iniciarase  o día 11 de maio e rematará o 18 do mesmo mes.

Pódese facer:

  • de xeito telemático admisionalumnado
  • presencial con cita previa chamando ao teléfono 881880434 ou a través do correo electrónico ceip.manuel.fraga@edu.xunta.gal

 

 

 

Martes Maio 12, 2020
Start: 12/05/2020 13:50

Publicidade das programacións.

En cumprimento das instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación,Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, damos publicidade á programación didáctica adaptada para o terceiro trimestre.

 

Acceso ás programacións no espazo familias da aula virtual:

 

Primeiro.

Segundo.

Terceiro.

Cuarto.

Quinto.

Sexto.

 

Xoves Maio 14, 2020
Start: 14/05/2020 18:51

 

A pesar de ser este un ano no que moitas das nosas celebracións van a quedar adiadas para futuras datas, desde o noso centro non queremos deixar de conmemorar un dia tan especial para todos os galegos e galegas como é o

Día das Letras Galegas. 

 

Martes Maio 19, 2020
Start: 19/05/2020 13:43

Publicada no día de hoxe a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar (orde)

PRAZO:

Do 20 de maio ao 19 de xuño

DESTINATARIOS:

Fondo solidario de libros: alumnado de 3º e 4ºde EP; o alumnado matriculado en 5º e 6º de EP no curso 2020/2021 disporá de ordenadores do proxecto E-dixgal para acceder aos libros dixitais.

Axudas para a adquisición de libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP no curso 2020/2021

Axudas para a adquisición de material escolar: o alumnado matriculado en todos os cursos de EP

SOLICITUDES:

Preferiblemente de xeito telemático a través da aplicación (enlace)

Presencialmente con cita previa no teléfono 881880434 ou no correo ceip.manuel.fraga@edu.xunta.gal

As solicitudes deberán estar asinadas polo pai, nai,titor/a ou representante legal do/a alumno/a.

DOCUMENTACIÓN A APORTAR(preferiblemente de xeito telemático)

  • Fotocopia do DNI/NIE dos membros da unidade familiar cando non autoricen a consulta telemática
  • Fotocopia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar a situación de 31 de decembro de 2018( en caso de non telo poderase acreditar co volante de convivencia, informe dos Servicios Sociais do Concello onde resida a familia que acredite a situación e/ou sentenza xudicial de separación ou divorcio, ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor)
  • Certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • Documentación que acredite casos de violencia de xénero, incapacidade xudicial con patria potestad prorrogada/ rehabilitada...

Mais información no seguinte enlace fondolibros
IMPORTANTE:o alumnado que para curso 2020/2021 estará matriculado en 1º de ESO deberá presentar a solicitude no IES correspondente.

 

 

Luns Maio 25, 2020
Start: 25/05/2020 10:04

 

Unha vez pechado prazo de admisión quedan expostas no taboleiro do vestíbulo as listas provisionais de alumnado admitido tanto en Educación Infantil como en Educación Primaria.

 As listaxes definitivas serán expostas entre o 9 e o 26 de xuño.

 

Start: 25/05/2020 11:33

Aquí temos o número 75 do noso xornal escolar "O Espigonciño".

captura da portada do espigonciño

 

 

Formatos:

PDF de calidade media (14MB)

PDF de maior calidade (60MB)

Distribuir contido