1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

Secretaría

Vales e do Fondo Libros

Vales e Fondo Libros

Hola a todos e todas. Sodes moitos e moitas os que estades pendentes dos vales e do Fondo Libros. Quixeramos atender as vosas necesidades coa maior dilixencia pero a administración impón prazos que hai que respectar e este ano son máis prolongados. Como queremos darvos o mellor servizo e evitar masificación no centro, dado que ademáis, como sabedes, está habendo actividades do concello nas nosas instalación, establecemos o seguinte calendario que nos gustaría que respectarades na medida do posible:

LUNS DÍA 6 DE XULLO

  • Recollida de vales de material e libros de texto para 1º e 2º (que son os alumnos que fixeron 6º de Infantil e 1º de Primaria este curso)
  • Estaremos dende as 10:00 ata as 14:00 horas. Se algún de vós ten algunha dificultade rogamos vos poñades en contacto a través do teléfono do centro para concertar outra cita.

MARTES DÍA 14 DE XULLO

  • Listaxe provisional de libros en empréstito para os cursos de 3º a 6º de primaria
  • Entrega de vales de material para os cursos de 3º a 6º de Primaria con este horario preferente que rogamos respectedes para evitar risco de aglomeración en zonas comúns:
  • 10:00 horas- 3º Primaria
  • 11:00 horas- 4º Primaria
  • 12:00 horas- 5º e 6º Primaria
  • A partires das 13:00 atenderemos a todos os que non puideron recoller o vale con anterioridade
  • Concertar cita ante calqueira imposibilidade de asistencia as marcadas

DE MARTES DÍA 14 A VENRES DÍA 17 ÁS 10:00 HORAS- RECLAMACIÓNS

VENRES ÁS 13:00 HORAS- LISTAXE DEFINITIVO FONDO LIBROS (e avisamos individualmente se houbese modificacións respecto da listaxe provisional por mor dalgunha reclamación)

Lista de admisión definitiva para o curso 2020-2021

Lista de admisión definitiva  para el curso 2020-2021
Xa está ao dispor dos e as interesados/ as a lista de admisión definitiva  para o curso 2020-2021. Pódese consultar na secretaría do centro en horario de 10:00 a 13:00.  Comunicamos que, ao non haber reclamacións, a lista definitiva coincide coa provisional editada anteriormente. Ningunha solicitude foi rexeitada.

Admisión de alumnado de nova incorporación para o Curso 2020 - 2021

Alumnado admitido para o Curso 2020 - 2021
Comunicamos que todos os alumnos que solicitaron praza neste centro  para o vindeiro curso 2020-2021 están admitidos. Ata o día 4 de xuño podense facer reclamacions. Podedes chamar ó teléfono do centro para comprobar que figurades na listaxe.

Participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar curso 2020/2021

Instruccións para solicitar libros de texto e material escolar para o curso 2020/2021

Xa temos instruccións para a solicitude de material e libros de texto  para o vindeiro curso. Queremos  facilitarvos a labor o máis posible. Por iso imos cubrir as solicitudes no propio centro, cos datos da solicitude do curso pasado. Só teredes que achegarvos ó centro  para recoller o documento, lelo e asinalo, á vez que aportedes a documentación que se vos pida.

Así que lede isto con atención: 

- Se algúnha familia modificou os datos que tiña o curso pasado chamade ó teléfono do centro para dar os datos novos.

- Avisaremos por teléfono ós que teñades que aportar algún tipo de documentación o día que veñades asinar.

- Será entre o día 3 e 19 de xuño que podedes achegarvos ó centro para ler e asinar o documento e aportar o que se vos pida.

 

Tedes no seguinte enlace está  Orde do 12 de maio que regula a participación.

Tamén podedes ver un resumo da orde no seguinte enlace.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer