Skip to Content

abalarMóbil

abalarMóbil para familias

A comunicación entre as familias e o centro educativo é un elemento facilitador da mellora dos procesos educativos.

A Consellería de Educación pon a disposición da nosa comunidade un aplicativo que pode contribuír a unha comunicación máis áxil, rápida e continua: Abalarmobil.

Abalarmobil permite as seguintes funcionalidades:

  • Consultar as cualificacións.
  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia.
  • Solicitar unha cita de titoría.
  • Consultar as incidencias creadas polo profesorado.
  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou o centro educativo.

Está dispoñible nas tendas de aplicativos Google Play (para Android) e App Store (para iOS). É gratuíto.

Desexaríamos, dada a facilidade do seu uso e a inmediatez da comunicación, que consideraran a instalación desta app no seus sistemas móbiles para xeralizar o seu uso este curso.

Como con calquera novidade, deberemos irnos adaptando pouco a pouco a ela e darlle un tempo para ir avaliando a súa utilidade. Contamos coa súa axuda para perfeccionar o emprego dese aplicativo.

Máis información, nesta páxina da Consellería de Educación.

Adxuntamos unha guía de uso para as familias:

Distribuir contido


by Dr. Radut