Skip to Content

Vales e do Fondo Libros

Vales e Fondo Libros

Hola a todos e todas. Sodes moitos e moitas os que estades pendentes dos vales e do Fondo Libros. Quixeramos atender as vosas necesidades coa maior dilixencia pero a administración impón prazos que hai que respectar e este ano son máis prolongados. Como queremos darvos o mellor servizo e evitar masificación no centro, dado que ademáis, como sabedes, está habendo actividades do concello nas nosas instalación, establecemos o seguinte calendario que nos gustaría que respectarades na medida do posible:

LUNS DÍA 6 DE XULLO

  • Recollida de vales de material e libros de texto para 1º e 2º (que son os alumnos que fixeron 6º de Infantil e 1º de Primaria este curso)
  • Estaremos dende as 10:00 ata as 14:00 horas. Se algún de vós ten algunha dificultade rogamos vos poñades en contacto a través do teléfono do centro para concertar outra cita.

MARTES DÍA 14 DE XULLO

  • Listaxe provisional de libros en empréstito para os cursos de 3º a 6º de primaria
  • Entrega de vales de material para os cursos de 3º a 6º de Primaria con este horario preferente que rogamos respectedes para evitar risco de aglomeración en zonas comúns:
  • 10:00 horas- 3º Primaria
  • 11:00 horas- 4º Primaria
  • 12:00 horas- 5º e 6º Primaria
  • A partires das 13:00 atenderemos a todos os que non puideron recoller o vale con anterioridade
  • Concertar cita ante calqueira imposibilidade de asistencia as marcadas

DE MARTES DÍA 14 A VENRES DÍA 17 ÁS 10:00 HORAS- RECLAMACIÓNS

VENRES ÁS 13:00 HORAS- LISTAXE DEFINITIVO FONDO LIBROS (e avisamos individualmente se houbese modificacións respecto da listaxe provisional por mor dalgunha reclamación)



page | by Dr. Radut