Skip to Content

AULA VERDE 2013

 

 

Xa comezaron as actividades da Aula Verde na escola, nas que os diferentes cursos de Infantil e Primaria irán asistindo a diferentes obradoiros impartidos pola Cooperativa Teixugo, encamiñados á conservación do noso entorno. Pouco a pouco iremos subindo fotos dos diferentes obradoiros...

Preme na imaxe para acceder á galería de fotos.

VISITA AO OBRADOIRO DE EMPREGO TERRAS DO MIÑOR

 

A semana pasada visitamos, xunto con outros colexios do Val Miñor, aos moz@s do Obradoiro de Emprego Terras do Miñor. Alí nos falaron sobre a importancia dunha alimentación sana e equilibrada e preparáronnos un estupendo almorzo co que repoñemos enerxías despois de ir camiñando dende o cole ata Patos.

Preme na imaxe para acceder á galería.

DÍA DO LIBRO 2013

 

Como xa saberedes o día 23 de abril celébrase o Día do Libro. No colexio levamos a cabo unha serie de actividades relacionadas coa lectura e cos libros, como por exemplo: contacontos de 5º e 6º para o resto do cole, apadriñamentos lectores, intercambio de creacións dos cativ@s por libros, canta-contos de Susa Herrera para Ed. infantil ou contacontos de Inacio Vilariño.

Pouco a pouco iremos subindo as fotos. Preme na imaxe para acceder á galería.

DÍA MUNDIAL DA BICICLETA

Este venres, día 19 de abril de 2013, celebramos no colexio o Día Mundial da Bicicleta. Para conmemorar este día participamos nuns circuitos durante o recreo. Aquí tedes unha pequena presentación coas fotos.

Preme na imaxe para ve-la presentación.

 

 

Tamén podedes ver un pequeno vídeo

19 DE ABRIL DE 2013 dÍA DA BICICLETA from Ana Frase on Vimeo.

VISITA Á FOZ DO MIÑOR

O venres 15 de febreiro os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria fixemos unha saída a Foz do Miñor para observar as aves que alí viven. Foi unha saída moi interesante xa que descubrimos que algúns paxaros que para nós son moi corrientes parece ser que case son únicos de aquí. Con esta saída esperamos que a partir de agora vexamos a nosa FOZ con outros ollos.

ENTROIDO 2013

Xa están aquí as fotos do Entroido 2013 do CEIP Mallón. Que as disfrutedes!!!

VISITA AO MUSEO DO MAR DE GALICIA

Aquí tedes as fotos da visita que realizmos ao Museo do Mar de Galicia na que aprendimos moitas cousas relacionadas coa historia mariñeira da nosa comunidade.

Preme na imaxe para acceder á galería.

BAILE DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ 2013

Aquí tedes as fotos da celebración do Día da Paz.

Moitas grazas á nai de Ioannis de 5º de primaria por prepararnos esta coreografía tan chula.

NADAL 2012

Xa están aquí as fotos das diferentes actividades realizadas polas festas de Nadal do colexio. Como este ano imos traballar nun proxecto sobre a alimentación moitas das actividades que realizamos están relacionadas con este tema. Fixemos un boneco de neve con envases reciclados de iogur, cada alumn@ tamén fixo coa axuda da súa familia unha figuriña con alimentos para montar o Nacemento, no festival houbo unha obra de teatro con títeres chamada "O xuízo dos alimentos dos recreos", etc. 

Como din que unha imaxe vale mais que mil palabras..., aquí vos deixo unhas fotiños da celebración do Nadal no colexio.

Preme na imaxe para acceder á galería.

Distribuir contido


by Dr. Radut