Skip to Content

"A fala"

Este ano, no día das letras galegas homenaxeouse ó poeta Manuel María. Os alumnos de 1º e 2º de primaria escolleron un dos seus poemas para recitárnolo en conxunto, aquí tendes o resultado.

Sisebuto

Aquí tendes o vídeo da obra de teatro interpretada o día do libro polo alumnado de 6º de educación primaria.

Uns verdadeiros teatreiros!

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS (CURSO 2016-17)

Estimados pais, nais e titores:

Seguindo o disposto pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,na Orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar, comunicamos que hai tres solicitudes diferentes:

- Fondo solidario de libros de texto: Alumnado que vaia cursar 3º, 4º, 5º ou 6º de EP.

- Axudas para adquirir libros de texto: Alumnado que vaia cursar 1º ou 2º de EP.

- Axudas para adquirir material escolar: Alumnado matriculado en 1º, 2º, 3º, 4º, 5º ou 6º de EP.

 

Na declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2014, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 430) e a base impoñible do aforro (recadro 455); cando non a presentase, sumaranse os ingresos netos obtidos durante o exercicio 2014, obtidos da correspondente certificación de imputación de rendas emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

 As persoas interesadas en solicitar a axuda deberán entregar no colexio a solicitude ANTES DO 23 de XUÑO (unha por fillo matriculado), aínda que se recomenda facelo o antes posible.

    A documentación que haberá que presentar coa solicitude é a seguinte:

     *Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da Unidade familiar.

     *Se algún dos membros da unidade familiar ten discapacidade con porcentaxe igual o superior ao 33%, fotocopia compulsada do certificado de grao de minusvalidez.

      * No caso de familias monoparentais en que conviva un só proxenitor ou titor deberá presentar documentación que o acredite.

* Documentación acreditativa de situación de violencia de xénero, de ser o caso.

PODEN DESCARGAR O MODELO DE SOLICITUDE NO ARQUIVO ADXUNTO AQUÍ DEBAIXO.

Matemáticas divertidas!

Así de ben o pasamos compoñendo e decompoñendo decenas. Manipulando todo é máis sinxelo.

Contacontos

O venres tivemos a visita dunha Contacontos, chamada María, coa que o pasamos moi ben!

Deixamosvos un adianto do ben co pasamos!

 

Mamá!

Aproveitamos a ocasión para deserxar un bo día a tódalas mamás do cole!

Deixamosvos unha mostra dalgúns dos agasallos realizados.

DÍA DO LIBRO 2016


PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOS DO DÍA DO LIBRO

DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o día do libro, tivemos que retrasar a celabración xa que, como sabedes, algúns dos nosos compañeiros estaban a facer de anfitrións. Pero o que conta é celebrar, e este é un adianto dalgunhas das cousas que preparamos co profe Sergio!

Acougamos que vos gusten! 

 "Que vivan los cuentos" - Educación Infantil

"Son esquimó" - 1º Educación Primaria

Abraiados co mago Parlanchín!

Despois de descubrir os códigos QR, para nós os "códigos dos iogures", o mago Parlanchín volveu a sorprendernos. Desta vez fixo algo co que quedamos abraiados. A profe Débora deixoulle uns debuxos dos medios de transporte, os cales lle estamos a ensinar, e... o que fixo o mago foi sorprendente! Realidade aumentada cos debuxos, enfocábamos os debuxos e aparecía un transporte real! Foi unha pasada!! Así estabamos, que non dábamos nin chío!

Pero... non foi todo! Ademáis deixounos unhas mensaxes segredas que nós, por grupos, tivemos que resolver para despois adiviñar; Pois resulta que era a solución a unhas adiviñas que tiñamos espalladas por diferentes rincóns da aula. Pasámolo xenial!

Parlanchín-saúdos!

 

Vídeo intercambio

Aquí tendes a vosa disposición o vídeo recopilatorio con algúns dos momentos vividos durante a visita dos nosos amigos de Manchester.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut