Skip to Content

Benvida

CAMPAMENTO DE VERÁN

TEATRO A XANELA DO MAXÍN

O venres pasado recibimos no colexio a Celtia Figueiras, que nos agasallou cun teatriño baseado no libro A banda dos insectos. Pasando a bóla.

Con ela aprendemos unha chea de cousas sobre como comportarnos con VALENTÍA, para tod@s xunt@s acabar co bullying.

CELEBRACIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024

Ao longo da semana das Letras Galegas os diferentes cursos participaron por quendas nun escape room/busca do tesouro sobre Luísa Villalta, autora homenaxeada neste ano 2024.

Aquí tedes un resumo das actividades realizadas.

VÍDEO MUSICAL "MÁIS GALEGO"

XXXIV edición da Festa da Bicicleta do Val Miñor

Nos documentos adxuntos deixamos a información da Festa da bicicleta organizado polo concello de Nigrán o día 17 de Maio.

ANPA: CHARLA SOBRE O ACOSO ESCOLAR

DEIXAMOS UN ADXUNTO COA INFORMACIÓN DA CHARLA SOBRE O ACOSO ESCOLAR  QUE REALIZARÁN A FEDERACIÓN DAS ANPAS DO VALMIÑOR O DÍA 9 DE MAIO.

BOLSAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO.CURSO 2024-25

NO DOCUMENTO ADXUNTO ESTÁ TODA A INFORMACIÓN QUE TEMOS QUE TER EN CONTA PARA FACER A SOLICITUDE.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

 

LISTAXE DEFINITIVO DE ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2024-2025

Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión para o vindeiro curso 2024-25 neste centro FOI ADMITIDO.

Por protección de datos , as listaxes definitivas están expostas no taboleiro do interior do centro.

 

ARTE NA PREHISTORIA - 2º DE PRIMARIA

Distribuir contido


by Dr. Radut