Ao longo da semana das Letras Galegas os diferentes cursos participaron por quendas nun escape room/busca do tesouro sobre Luísa Villalta, autora homenaxeada neste ano 2024.
O pasado venres celebramos no colexio o Día de Rosalía de Castro. Para esta conmemoración o alumando traballou na clase diferentes versos de Rosalía coas súas titoras. Tamén colorearon e debuxaron diferentes ilustracións relacionadas cos versos que lles propuxemos.
A continuación confeccionamos diferentes murais cos versos proporcionados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Por último, todo o alumnado participante recibiu un agasallo conmemorativo do Día de Rosalía de Castro.
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, dende o EDLG organizamos un concurso de preguntas (Kahoot) sobre lingua e cultura galega no que participaron cativ@s de todos os cursos mesturados en grupos con nen@s de diferentes idades.
COMPROBA O QUE SABES PREMENDO NA SEGUINTE IMAXE.
Despois do concurso continuamos coa estrea do vídeo musical da canción "Lingua guapa" do libro-disco "Cantos que contan..." de Fina Casalderrey, elaborado en colaboración coa profe Lucía (música).
Con motivo da celebración do Días das Letras Galegas o alumnado de 4º de Primaria elaborou uns paneis co resumo da biografía de Francisco Fernández del Riego.