DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
Aínda que o noso desexo é non ter que revindicar máis este día, desde o colexio queremos dicir un NON, claro e contundente á violencia contra as mulleres. Cada día esforzámonos no colexio por educar ao noso alumnado na IGUALDADE E NO RESPECTO para conciencialos da importancia de rexeitar esta realidade e lacra social.
Ao longo desta semana faremos actividades, adaptadas a súa idade, para sensibilizal@s sobre este problema social.
Tamén animamos ás familias e a toda a comunidade educativa a participar connosco, coa ANPA e co concello nunha marcha en bicicleta (ou andando), o sábado 25 de novembro para loitar tod@s xunt@s pola eliminación da violencia contra as mulleres.
ANIMARVOS !!!!