Escolares
CONTO VIAXEIRO
Enviado por Anónimo o Ven, 27/02/2015 - 18:57DÍA DA PAZ
Enviado por Anónimo o Mar, 24/02/2015 - 11:47O venres día 30 celebramos o día da Paz.
Ás 13:40 h todo o alumnado cantou no salón de actos “Gracias a ti”.
A continuación o xantar; onde estiveron representados todos os membros da comunidade escolar.
NADAL
Enviado por Anónimo o Mar, 24/02/2015 - 11:44
O día 20 de decembro festexamos o Nadal, o festival estivo moi concurrido e animado. Cantamos panxoliñas, acompañadas de instrumentos musicais, bailamos e representamos obras de teatro.
Para ver algunha imaxe de ese día preme aquí.
SEMANA DA MÚSICA
Enviado por Anónimo o Lun, 23/02/2015 - 12:45Con motivo da celebración da Semana da Música, realizáronse distintas actividades e concertos:
- Algunhas familias mostráronnos as súas habilidades musicais.
- O alumnado participou tocando diferentes instrumentos.
- Os suplentes, grupo de As Pontes, deleitáronnos cun pequeno concerto.
- A Banda Militar do Tercio Norte de Ferrol tamén nos ofreceu un concerto moi especial.
Para ver as fotos preme aquí.
MAGOSTO
Enviado por Anónimo o Xov, 19/02/2015 - 14:03Como todos os anos celebramos o magosto. Pola maña xogamos cos nosos compañeiros a unha serie de xogos tradicionais. Que ben o pasamos! Á tarde comemos as castañas, que nos trouxo a ANPA. Que boas estaban!
Se queres ver como o pasamos de ben preme aquí.
CERTAME DE FUNGOS E COGOMELOS
Enviado por Anónimo o Xov, 06/11/2014 - 13:55Un ano máis participamos no concurso, organizado polo Concello de As Pontes
para os centros escolares, de fungos e cogomelos. Todos os traballos
presentados foron premiados nas distintas categorías de participación.
Para ver os nosos traballos preme aquí.
Mención especial Cartel 2015.