Admisión de alumnado para o curso 2017-2018

CALENDARIO DE ADMISIÓN 2017-2018

 

  • Presentación solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de Marzo
  • Publicación listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: Antes do 25 de Abril
  • Publicación listaxes definitivos de admitidos e non admitidos: Antes do 15 de Maio
  • Formalización matrícula EI, EP: 20-30 de Xuño

 

NORMATIVA REGULADORA DE ADMISIÓN

IMPORTANTE:

1.- Cada alumno e alumna só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento disto supoñerá a perda de dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2.- O alumno que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3.- O alumno que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

ALUMNADO XA MATRICULADO NO NOSO CENTRO

1- Os alumnos/as matriculados neste centro non teñen que facer reserva de matrícula cara o vindeiro curso escolar, estarán matriculados automáticamente.

2- O alumnado de 6º de Primaria deberán de confirmar a súa reserva de praza para o instituto adscrito o IES María Casares cubrindo o anexo I e entregándoo na secretaría do noso centro do 1 ao 15 de febreiro.