NOTA INFORMATIVA TITORÍAS.

Estimadas familias,

A partir do próximo 15 de marzo, as titorías que se fagan de forma presencial serán no interior do centro. Deberán esperar fóra, na entrada principal (no edificio de infantil ou de primaria segundo corresponda) a que o titor/a ou a persoa coa que teñan a titoría, chegue a recibilos para acompañalos ao lugar onde se celebrará a reunión.

As titorías tamén se poderán seguir facendo por videoconferencia ou por teléfono.

Atentamente.

A Dirección.