Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. ORDE do 29 de abril de 2022 (DOG do 18 de maio)

·        

Fondo solidario de libros:  alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

·        

Axudas para adquirir libros de texto: alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

·        

Axudas para adquirir material escolar: alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria 

DOCUMENTACIÓN:

·        

Modelo de solicitude Anexo I e II disponible na aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ (dende o centro entregarase unha solicitude a cada unha das familias de Primaria)

·        

Copia Libro de familia.

·        

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

Prazo de presentación:

Do 19 de maio ao día 22 de xuño (este incluído)

 

Forma e lugar de presentación

Unha vez cuberta a solicitude (unha por familia), poderase presentar do seguinte xeito:

·        

Presentación no centro.

 Luns e martes de 8:50h a 9:35h.

Mércores, xoves e venres de 13h-13:40h.

·        

Presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia (necesario dni dixital ou chave 365)

No arquivo adxunto atoparedes máis información

AdxuntoTamaño
ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario.pdf1.11 MB
MANUAL USUARIO CIDADÁNS.pdf2.18 MB
ANEXO I.pdf1.54 MB
ANEXOII.pdf990.25 KB