INICIO DA SEMANA CULTURAL

Hoxe deu comezo na nosa escola unha das semanas máis agardadas por grandes e pequenos: A Semana Cultural, na que coa colaboración da ANPA adentrámonos no coñecemento da nosa cultura. 

Esta mañá asistimos á presentación do álbum ilustrado "Os nosos bosques", da man de Judit e Diego, na que ademais de explicarnos o proceso da súa elaboración , lembráronnos a importancia do traballo en equipo e do coidado da natureza, xa que na nosa terra contamos cunha riqueza inmensa de fauna e flora e é a nosa responsabilidade coidala e protexela.