As nosas actividades e saídas

Poñemos a mesa

O alumnado de 1º tivo a sorte de aprender coa profe Ofelia a poñer a mesa!!!! Mirade que ben o fixeron!!!!

Torneado de madeira

E para rematar a semana cultural desfrutamos dun Obradoiro de Torneado de madeira, coa presenza de Adrián, que contou coa axuda especial do seu fillo Xián.

 

Graciñas por vir!

 

 

EXHIBICIÓN DE CETRERÍA

E continuamos coa semana cultural. Nesta ocasión, o pasado mércores tivemos unha exhibición de cetrería da man de Rapiñas do Salnés.

Agardamos que desfrutedes do vídeo casi tanto coma nós o fixemos da actividade.

INICIO DA SEMANA CULTURAL

Hoxe deu comezo na nosa escola unha das semanas máis agardadas por grandes e pequenos: A Semana Cultural, na que coa colaboración da ANPA adentrámonos no coñecemento da nosa cultura. 

Esta mañá asistimos á presentación do álbum ilustrado "Os nosos bosques", da man de Judit e Diego, na que ademais de explicarnos o proceso da súa elaboración , lembráronnos a importancia do traballo en equipo e do coidado da natureza, xa que na nosa terra contamos cunha riqueza inmensa de fauna e flora e é a nosa responsabilidade coidala e protexela.

 

Visita de Alicia Borrás

Os nenos e nenas do Club de Lectura de Leonarda tiveron a sorte de ter unha despedida desta actividade coa visita da autora do último libro lido "Nata y chocolate". Estivemos moi a gusto con Alicia que contestou todas as preguntas tan interesantes que fixeron os nosos lectores e lectoras. Quedamos con moitas ganas de ler a 2ª parte "Nata y chocolate invencibles". GRAZAS ALICIA!!!!!

USO RESPONSABLE DAS REDES SOCIAIS

Esta semana o alumnado de 5º e 6º de E.P. do Ceip Josefa Alonso de Alonso tivo unha charla educativa sobre o uso responsable das redes.

Dende o Corpo da Policía Nacional facilitáronnos a ligazón da páxina do Centro de Seguridade en Internet para menores de idade en España, Internet Segura for Kids, que ten por obxectivo a promoción do uso seguro e responsable de Internet e as novas tecnoloxías entre os nenos e adolescentes e non podemos deixar de compartila convosco para seguir educando con responsabilidade neste ámbito: www.is4k.es

 

VIII Festa da Sementeira

Dende a escola animámosvos un ano máis a acudir á Festa da Sementeira, que terá lugar este domingo 5 de Maio.

Contacontos Carmen

Os nenos e nenas de 1º tiveron a sorte de ter unha contacontos moi especial: CARMEN de 5º!!! Contoulles o conto "A que sabe a lúa? cunha manualidade moi especial que fixo na súa casa. GRAZAS CARMEN por contarlles este conto tan chulo e por adicarlle o teu tempo a preparar o material. Cando sexas maior serás todavía mellor contista do que xa o eres!!!!
 

Iria Misa

O alumnado de 5º e 6º E.P. tiveron a oportunidade de coñecer á autora do libro "Mamá, quero ser Ziggy Stardust", Iria Misa. Foi unha esperiencia fermosa na que ademais de coñecela e poder facerlle preguntas, adicoulles os seus libros.

Día do Libro

O 23 de abril celebramos o Día do Libro dun xeito moi especial. Representamos un teatro de sombras de "Don Quijote de la Mancha" elaborado polo alumnado dos obradoiros da biblioteca de Leonarda que quedou ben bonito!!! Ademais fixemos unha exposición coas manualidades aportadas polas familias sobre un protagonista animal nos contos. E como agasallo, un libro para as familias que doaron moi amablemente. Dende o equipo de biblioteca queremos agradecer todo o traballo realizado polas familias, os libros doados e sobre todo, dar as GRAZAS a todos os nenos e nenas que participaron no obradoiro.

Distribuir contido