UN HOTEL DE CINCO ANTENAS

Onte os alumnos e alumnas de 6º de E.I e 1º, 2º e 4º de E.P. fixeron de arquitectos e construtores ao facer realidade unha edificación moi especial... un hotel para bichos!

E temos que dicir que grazas a eles os insectos do contorno contan agora cunha zona de descanso e relax de cinco antenas en pleno centro de Matamá.

 

Correlingua 2019

Un ano máis, varios cursos do noso centro participaron no Correlingua. Deixámosvos un resumo do ben que o pasaron mentres reivindicaban a importancia da lingua galega e da nosa cultura.

 

ESCOLA DE FAMILIAS

Onte tivemos no centro a terceira e última escola de familias deste curso escolar da man da Policía Nacional e versou sobre o uso responsable das redes sociais.

En arquivos adxuntos podedes consultar e descargar o tríptico informativo que nos deixaron, cun pequeno resumo dos puntos máis importantes que se trataron na charla e un contrato para firmar cos vosos fillos e fillas para levar a cabo un correcto uso das redes sociais e dos dispositivos con acceso a internet.

 

 

 

 

Torneado de madeira

E para rematar a semana cultural desfrutamos dun Obradoiro de Torneado de madeira, coa presenza de Adrián, que contou coa axuda especial do seu fillo Xián.

 

Graciñas por vir!

 

 

EXHIBICIÓN DE CETRERÍA

E continuamos coa semana cultural. Nesta ocasión, o pasado mércores tivemos unha exhibición de cetrería da man de Rapiñas do Salnés.

Agardamos que desfrutedes do vídeo casi tanto coma nós o fixemos da actividade.

Maios 2019

O venres 10 de maio, festexamos como todos os anos, a celebración dos Maios.

Cantamos a copla do noso cole ao redor do noso Maio, que adornamos entre todas as nenas e nenos coa axuda das nosas mestras.

Nin a choiva nos parou!

E logo aproveitamos para bailar unhas cantas pezas de música tradicional, amenizados coa música do grupo "Sete cuncas". Moitas grazas por vir!

 

INICIO DA SEMANA CULTURAL

Hoxe deu comezo na nosa escola unha das semanas máis agardadas por grandes e pequenos: A Semana Cultural, na que coa colaboración da ANPA adentrámonos no coñecemento da nosa cultura. 

Esta mañá asistimos á presentación do álbum ilustrado "Os nosos bosques", da man de Judit e Diego, na que ademais de explicarnos o proceso da súa elaboración , lembráronnos a importancia do traballo en equipo e do coidado da natureza, xa que na nosa terra contamos cunha riqueza inmensa de fauna e flora e é a nosa responsabilidade coidala e protexela.

 

Visita de Alicia Borrás

Os nenos e nenas do Club de Lectura de Leonarda tiveron a sorte de ter unha despedida desta actividade coa visita da autora do último libro lido "Nata y chocolate". Estivemos moi a gusto con Alicia que contestou todas as preguntas tan interesantes que fixeron os nosos lectores e lectoras. Quedamos con moitas ganas de ler a 2ª parte "Nata y chocolate invencibles". GRAZAS ALICIA!!!!!

KARAOKE COPLA DOS MAIOS

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos compartir convosco o Karaoke das Coplas dos Maios deste ano, feitas polo alumnado, para que vaiades ensaiando.

   

USO RESPONSABLE DAS REDES SOCIAIS

Esta semana o alumnado de 5º e 6º de E.P. do Ceip Josefa Alonso de Alonso tivo unha charla educativa sobre o uso responsable das redes.

Dende o Corpo da Policía Nacional facilitáronnos a ligazón da páxina do Centro de Seguridade en Internet para menores de idade en España, Internet Segura for Kids, que ten por obxectivo a promoción do uso seguro e responsable de Internet e as novas tecnoloxías entre os nenos e adolescentes e non podemos deixar de compartila convosco para seguir educando con responsabilidade neste ámbito: www.is4k.es

 

Distribuir contido