Benvida

CALENDARIO

 

 XORNAL

 

 

LIBROS

 

 

 

MATRÍCULA

 

TRANSPORTE

 

 SOLICITUDE

RECOLLIDA

OUTROS

MEDIOS

CIRCULAR CONVOCATORIA REUNIÓN ANPA

Na Circular nº 2 achegamos a convocatoria para a reunión da Anpa que terá lugar o vindeiro día 14 de outubro ás 19 horas. Premendo na descarga poderedes ver a Orde do día.

 

ANPA O MONTIÑO

 

Dende a Anpa queremos achegarvos, empregando a web, a circular que xa foi entregada aos alumnos para facilitar a súa lectura.

No presente curso procuraremos ir alternando ámbolos xeitos de comunicación e empregar, en cada caso, o que nos pareza máis rápido e axeitado.

 

 

 

 

 

 

CURSO 2020/2021

XA ESTAMOS DE VOLTA!

 
 

Mañá xoves iniciamos un novo curso dun xeito escalonado. 

 - 4º, 5º de EDUCACIÓN INFANTIL e 1º, 2º e 3º de EDUCACIÓN PRIMARIA comezarán o día 10 no horario habitual (9:15-15:00) .

 - 6º de EDUCACIÓN INFANTIL e 4º,5º e 6º de EDUCACIÓN PRIMARIA incorporaranse o día 11.

ÁNIMO, AGARDÁMOSVOS CON MOITA ILUSIÓN

MEDIDAS COVID PARA AS FAMILIAS E DECLARACIÓN RESPONSABLE

Nos documentos adxuntos acheganse as medidas covid para as familias e a declaración responsable para que poidan ser consultadas.

En calquera caso tamén serán enviadas en soporte papel para que poidan consultadas con facilidade ao longo do curso.

Agradecemos asemade que á maior brevidade posible devolvan a declaración responsable debidamente cumprimentada e asinada polos proxenitores.

PODES PREMER NOS SEGUINTES ENLACES PARA CONSULTALOS

 

                                              

APLICACIÓN ABALAR MÓBIL

Comunicamos ás familias dos alumnos e alumnas que se incorporan ao noso centro escolar por primeira vez que deben instalar nos seus teléfonos móbiles a aplicación ABALAR MÓBIL, xa que, ademais das informacións e avisos publicados na nosa páxina web, será a través desta aplicación como vos serán enviados outros avisos e comunicados, tanto por parte do profesorado como por parte da dirección do centro. 

No seguinte enlace tedes unha guía para saber como instalar a aplicación nos vosos móbiles (que logo podedes descargar tamén nunha tableta). En dita guía tamén se explica como consultar despois os datos. 

GUÍA INSTALACIÓN APLICACIÓN ABALAR MÓBIL 

INFORMACIÓN SOBRE A APLICACIÓN ABALAR MÓBIL

Se algunha familia ten dificultades ou non pode descargar dita aplicación, podedes poñervos en contacto co centro das seguintes maneiras:

- Enviando unha mensaxe ao seguinte enderezo electrónico:                     ceip.joaquina.gallego@edu.xunta.gal 

- Chamando por teléfono ao número 988 260 052

NOTA-  a aplicación pode ser instalada polos dous proxenitores, tanto o pai coma a nai, cada un no seu teléfono móbil.      

Segundo nos comunican dende a Consellería, a aplicación non estará operativa ata que comece o curso.                      

 

 

 

 

 

ATENCIÓN: DISPOÑIBLES AS LISTAXES DOS NOVOS LIBROS INFANTIL E O MATERIAL CORRESPONDENTE PARA O CURSO 2020/2021.  

 

 

CALENDARIO ESCOLAR 2020/2021.

No seguinte enlace poderás descargar o Calendario escolar 2020/2021.

 

 

QUENDAS PARA REALIZAR OS TRÁMITES ADMINISTRATIVOS PENDENTES:

MATRÍCULA NOVO ALUMNADO, FONDOS E AXUDAS PARA MATERIAL E LIBROS, AUTODECLARACIÓNS COMEDOR CURSO 2020/2021 E ENTREGA DE HISTORIAIS AO ALUMNADO DE 6º CURSO 

Seguindo as pautas que nos marcaran e coa finalidade de procurar as mellores condicións e seguridade para tod@s dende a dirección do centro  establécese un modelo organizativo de presenza por quendas e horarios por cursos co fin de evitar agrupacións de persoas no centro educativo. A presencia das nais e pais cumprirá a medidas que se establecen distancia de seguridade e uso de mascarillas.

Recomendamos que cando acudades ao centro no día que se vos cite, respectedes o horario asignado e as medidas sanitarias correspondentes o acceso ao centro será de xeito individual e deberán seguir as indicacións que atopen no mesmo.

 

Grazas pola vosa colaboración

 

Asemade informamos das datas de listaxes de fondo de libros e entrega de vales para libros de texto e vales de material:

  • PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS FONDO DE LIBROS6 de xullo
  • RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES PROVISIONAIS FONDO DE LIBROS: 7 ou 9 de xullo (secretaría do centro)
  • PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS FONDO DE LIBROS10 de xullo
  • ENTREGA DE VALES PARA LIBROS DE TEXTO E VALES PARA MATERIAL:   7 ou 9 de xullo. 

           CONSULTA A TÚA QUENDA NO  SEGUINTE ENLACE 

 

  • ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO: Setembro

As listaxes estarán publicadas no taboleiro da secretaría, non poden ser publicadas a través da páxina web pola protección de datos.

Os vales non recollidos no mes de xullo, poderán recollerse en setembro na secretaría do centro.

 

As datas poden verse modificadas por calquer imprevisto na xestión da aplicación fondolibros. Polo tanto, estade atentos á informacións que podan xurdir e serán publicadas nesta páxina web.

 

 

COMEDOR CURSO 2020-2021

 

 LIBROS DE TEXTO CURSO 2020-2021

 

 

 

 

FONDO LIBROSAXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL

Seguindo as pautas que nos marcan…

“Os centros educativos permitirán a entrada dos proxenitores do alumnado dende o momento en que se levanten as restricións de movemento, coincidentes coa fase II, coa finalidade de recoller o material dos seus fillos/as. Para estes efectos a dirección de cada centro poderá establecer un modelo organizativo de presenza por quendas ou horarios por cursos co fin de evitar agrupacións de persoas no centro educativo. A presencia das nais e pais cumprirá a medidas que se establecen no anexo as presentes instrucións.”

Recomendamos que cando acudades ao centro no día que se vos cite, respectedes o horario asignado e as medidas sanitarias correspondentes, deberase manter o distanciamento social de 2 metros con outras persoas. O acceso ao centro será de xeito individual e deberán seguir as indicacións que atopen no mesmo.

Grazas pola vosa colaboración

E. I. 3A

E. I. 4A

E. I. 5A

E.P.

1º C

E.P.

2º C

E.P.

3º C

E.P.

4º C

E.P.

5º C

E.P.

6º C

 

26/05

 

26/05

 

26/05

 

28/05

 

28/05

 

02/06

 

02/06

 

04/06

 

04/06

Recoller libros e fichas,

gorras, traballos,...

Devolver libros do fondo e

 recoller o material que teñan no cole de súa propiedade.

Poden achegar os traballos que vaian tendo rematados.

As libretas poden continuar con elas para seguir traballando.

O que falte entregaranse a final de curso ou en setembro.

 

 

Entregar

Solicitude material e libros para 1º curso

Entregar

Solicitude material e libros para 2º curso

Entregar

Solicitude fondo libros para 3º C

Entregar

Solicitude fondo libros para 4º C

Entregar

Solicitude fondo libros para 5º C

Entregar

Solicitude fondo libros para 6º C

 

MODELO

ED330B

SOLICITUDE

 

HORARIO

DE CADA

FAMILIA

INSTRUCCIONS

PARA CUMPLIMENTAR

 

ESTIMADAS FAMILIAS

Achégase a  Resolución da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 7 de maio de 2020 sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021, e máis ligazón ao contido publicado no Portal Educativo.

Como ben coñecen as circunstancias xerais actuais relacionadas co COVID-19 e segundo as particulares, no caso do noso centro, no que se estaba aproveitando dende a Unidade Técnica da Xefatura Territorial para acometer a reforma que supón a substitución dos teitos de espazos comúns e aulas, vémonos na obriga de facer algúns reaxustes.

Os referidos feitos imposibilitan o desenvolvemento das tarefas docentes e administrativas de xeito normal e dado que non garanten a apertura do centro de xeito continuado pregamos que UNICAMENTE se acheguen os que deban presentar solicitude de admisión. Para calquera outra consulta ou actividade o Centro permanecerá pechado e manterase o contacto utilizando os medios non presenciais que vimos usando dende o 13 de marzo.

Prazo de presentación de solicitudes de admisión

Restablecer o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación.

Coa finalidade de extremar as precaucións e velar pola seguridade de traballadores, familias e profesorado, pregámoslle que, só as familias que precisan cumprir con este trámite,  SOLICITEN CITA PREVIA no teléfono habilitado dende o 13 de marzo para a comunicación co centro 640 397 476 para poder acudir na data e hora que se acorde e respectando as normas de hixiene que dende o Sistema de Saúde  nos indican (distancia social, mascarillas, guantes,...) e procurando a máxima prudencia e puntualidade  posibles para limitar aglomeracións contactos e coincidencias.

 

AGRADECEMOS DE ANTEMÁN A SÚA COLABORACIÓN!!!
Un saúdo.

                                        

 

 

 

 

 

 

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA.

CORONAVIRUS: COVID-19

Preme no enlace para ver un resumo da normativa. Lembra que o prazo para o presentación: do 31 de marzo ao 6 de  abril

 

 

 

Non esquezades tampouco que, coa finalidade de poder recibir as notas da segunda avaliación, sería preciso que sigades os pasos para instalar o abalarMobil e facernos chegar unha mensaxe ou email para poder facilitarvos os contrasinais para poder traballar dende a Aula virtual na 3ª Avaliación.

Unha aperta, forza e ánimo!!!

 

 

 Descarga xa abalar móbil, para poder comunicarnos  ou

solicita por correo electrónico ao mail do

centro,  ceip.joaquina.gallego@edu.xunta.es, o teu usuario  e

contrasinal necesario para empezar a empregar a Aula Virtual

 

Unha vez que dispoñas  dos teus datos poderás acceder desde

esta páxina para poder ir descargando os materiais cada semana.

 

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

abalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.
 
A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). 
 
 
   

Durante o tempo que permaneza pechado o Centro a comunicación co mesmo poderase facer consultando esta páxina e asemade empregando o mail do centro ceip.joaquina.gallego@edu.xunta.es e co pouco a pouco procuraremos ir poñendo en funcionamento a aplicación Abalar Movil sobre a que podedes atopar máis información no segu inteenderezo 

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

PEDIMOS DESCULPAS POR ADIANTADO POLAS MOSLESTIAS CAUSADAS DEBIDAS AS MÚLTIPLES DIFICULTADES COAS QUE NOS ESTAMOS ATOPANDO DEBIDO AO PRECIPITADO DOS ACONTECEMENTOS.

UNHA VEZ MÁIS E MOMENTO DE TIRAR PROVEITO DAS ADVERSIDADES E EMPURRAR TODOS NA MISMA DIRECCIÓN. UNHA APERTA FAMILIAS!



  

COMEDOR

IMPRESOS 

 AUTOLIQUIDAR

COLABORAR

 

  ESTRADA DE CELANOVA Nº 1  32830-A MERCA - OURENSE
ceip.joaquina.gallego@edu.xunta.es
TLFNO E FAX 988 260 052 

LEMBRA A NOSA PÁXINA ANTERIOR

 http://centros.edu.xunta.es/ceipjoaquinagallegojorreto/

 

 

TAREFAS E RECOMENDACIÓNS PARA O NOSO ALUMNADO

 

Benqueridas familias:

O primeiro de todo, pedir desculpas por non ter as tarefas á vosa disposición antes, pero por mor de problemas técnicos e que a web do colexio estivo toda a fin de semana en mantemento por parte dos servizos técnicos da Consellería, non as puidemos colgar antes.

A Consellería de Educación publicou no portal educativo unhas medidas a adoptar polos centros educativos na que puntualiza que o profesorado programará “actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, pero non terán carácter de avaliables”.

Ante esta difícil situación, pretendemos achegarvos recursos que vos poidan axudar na tarefa de manter ás nenas e nenos realizando actividades curriculares de aprendizaxe.

Somos conscientes de que as situacións serán tan diversas como as familias: algúns estaredes con eles na casa, outros non poderedes, e todos teredes que asumir tarefas que impiden prestarlles atención continuada.

A situación excepcional que nos toca vivir, require que todos poñamos un pouco da nosa parte e sabemos que a todos se nos pide un gran esforzo. Por todo elo, queremos agradecer a vosa colaboración e enviarvos moito ánimo que vos axude a levar da mellor forma posible estes momentos.

Seguide atentos á páxina web do colexio polas novidades que poidan xurdir e tamén, porque nalgúns casos, aparecerán novos contidos.

 

Unha aperta para todos.

NOVIDADES CRISE COVID-19

Informamos das seguintes novidades:

· Decretado o Estado de Alerta e o de Alerta Sanitaria, polo Goberno de España e Galicia, o colexio permanecerá pechado na súa totalidade e non se recibirán visitas.
 
· Segundo o RD 463/2020 do 14 de marzo de 2020, publicado no BOE e a Resolución do 15 de marzo de 2020 publicada no DOG, interrómpense o prazo de solicitudes de admisión. O cómputo de prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o Real Decreto.
 
· Respecto ás actividades a realizar polo alumnado, éstas estarán dispoñibles na páxina web do centro en canto sexa posible. O mantemento da mesma por parte da Consellería, non facilitou poder colgar o contido preparado polo profesorado.

 

 

 

 

  

 

Distribuir contido