Educación física

RESPIRO DEPORTE!

Curso totalmente atípico o que vivimos neste 2019-2020, coa presencia do Covid-19, que impediu desenrolar o programa do Xogade ó completo.

Este imprevisto foi un claro exemplo que para o deporte, para a actividade física, non hai obstáculos que impidan moverse e respirar deporte.

A actividade física non ten barreiras e desde a casa pódese realizar tanto en espacios reducidos(salóns, habitación ou balcóns); como noutros máis

amplos(terrazas,xardíns,etc).

É o positivo que nos deixa este curso tan estraño, que se pode respirar deporte por calquera recuncho.

Así que agora nas vacacións continúa con exercicios físicos diarios e respirando deporte!

 

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS / 3º TRIMESTRE

Premendo no enlace correspondente poderás descargar os axustes da programación correspondentes ao 3º trimestre.

 

 

1º e 2º CURSO

 

3º e 4º CURSO

 

5º e 6º CURSO

 

 

 

 

 

 
 
Neste apartado iremos poñendo aqueles aspectos relacionados coa nosa área, así como actividades, xogos e propostas saudables.

Deportes

PONTE EN MARCHA!

EF

 Un novo curso seguimos participando nalgúns deportes que nos brinda o xogade.

 

Dende o colexio da Merca pretendemos inculcar diversos valores e hábitos aproveitando o abano de recursos que o deporte nos proporciona.

Así, que isto non para, chega o tempo das vacacións pero non o de deixar de facer deporte.

 

Boas vacacións!

 

 

 

MÓVETE E RELACIÓNATE CO DEPORTE

EF

 

O tempo non se detén, é inalterable. Outro curso máis que deixamos atrás e que dende o deporte escolar deixounos grandes momentos vividos.

Dende o colexio de A Merca, este deporte que iniciamos, esperamos que teña continuidade, afianzando nos nosos alumnos e alumnas hábitos saudables e de socialización, tamén, fóra da escola.

Así que xa sabedes, no verán practicade deporte.

Boas vacacións!

 

Bádminton en Ramirás

 

 

 

 

Campo a través.

 

O mércores día 26 acudimos a Muiños a competir. Fixémolo o mellor que poidemos.

Unha compañeira de quinto, Antía, entrou na sexta posición.  Foi a nosa mellor clasificación individual.

Logramos algún trofeo por equipos e sobre todo pasamos unha xornada fantástica.

Distribuir contido