MATRÍCULA VINDEIRO CURSO

 

ADMISIÓN 2020-2021

 

 

DESCARGAR IMPRESO DE MATRÍCULA

 

 

   

LISTAXE PRAZAS  ASIGNADAS 2020-2021

   LISTAXE DEFINITIVA 

 

                                                                                                     

 

 

                                                               LISTAXE PROVISIONAL                                                                                                            

 

  

 

 

ESTIMADAS FAMILIAS

Achégase a  Resolución da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 7 de maio de 2020 sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021, e máis ligazón ao contido publicado no Portal Educativo.

Como ben coñecen as circunstancias xerais actuais relacionadas co COVID-19 e segundo as particulares, no caso do noso centro, no que se estaba aproveitando dende a Unidade Técnica da Xefatura Territorial para acometer a reforma que supón a substitución dos teitos de espazos comúns e aulas, vémonos na obriga de facer algúns reaxustes.

Os referidos feitos imposibilitan o desenvolvemento das tarefas docentes e administrativas de xeito normal e dado que non garanten a apertura do centro de xeito continuado pregamos que UNICAMENTE se acheguen os que deban presentar solicitude de admisión. Para calquera outra consulta ou actividade o Centro permanecerá pechado e manterase o contacto utilizando os medios non presenciais que vimos usando dende o 13 de marzo.

Prazo de presentación de solicitudes de admisión

Restablecer o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación.

Coa finalidade de extremar as precaucións e velar pola seguridade de traballadores, familias e profesorado, pregámoslle que, só as familias que precisan cumprir con este trámite  SOLICITEN CITA PREVIA no teléfono habilitado dende o 13 de marzo para a comunicación co centro 640 397 476 para poder acudir na data e hora que se acorde e respectando as normas de hixiene que dende o Sistema de Saúde  nos indican (distancia social, mascarillas, guantes,...) e procurando a máxima prudencia e puntualidade  posibles para limitar aglomeracións contactos e coincidencias.

AGRADECEMOS DE ANTEMÁN A SÚA COLABORACIÓN!!!
Un saúdo.

 

Segundo o RD 463/2020 do 14 de marzo de 2020, publicado no BOE e a Resolución do 15 de marzo de 2020 publicada no DOG, interrómpense o prazo de solicitudes de admisión. O cómputo de prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o Real Decreto

 

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES SERÁ DO 1 AO 23 DE MARZO NA SECRETARÍA DO CENTRO EN HORARIO DE 12:00 A 14:00 HORAS.

O impreso de solicitude  poderá recollerse  na secretaría do centro ou descargarse na páxina web (ANEXO II). Tamén poderá cumprimentarse na aplicación admisionalumnado, dentro do portal da Consellería de Educación, ou descargalo e cumprimentalo de forma manual polas familias.

As familias poden consultar a información relevante respecto á admisión na páxina da xunta.

 

 

 

 

 

PRAZO PARA MATRÍCULA PARA O VINDEIRO CURSO.

ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS-CURSO 2016/2017. INFORMACIÓN BÁSICA 

1.-LEXISLACIÓN REGULADORA:

  -Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento para a admisión

 do alumnado no segundo ciclo de educación infantil e primaria.

 2.-PREVISIÓN OFERTA DE POSTOS ESCOLARES EN INFANTIL E PRIMARIA:

CURSO

POSTOS ESCOLARES

4º de E.Infantil

25

5º de E.Infantil

18

6º de E.Infantil

19

1º de E.Primaria

22

2º de E.Primaria

17

3º de E.Primaria

21

4º de E.Primaria

16

5º de E.Primaria

18

6º de E.Primaria

19

 

CURSO      2015/2016

POSTOS ESCOLARES

UNIDADES REAIS PREVISTAS

   
   
   

2º CICLO   

E. INFANTIL

12

1º E 2º CURSO    

 PRIMARIA

14

3º E 4º CURSO  

 PRIMARIA

12

5º E 6º CURSO     

PRIMARIA

12

   
   

  

  3.-PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN: Do 1  ao 20 de MARZO 

 4.-PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DO BAREMO: Do 24 de marzo ó 3 de abril (incluídos)

 5.-PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: Do 20 ao 30 de xuño 

 6.-DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

 -Impresos que se facilitan na secretaría do centro. Tamén se poden descargar  nesta páxina.

 -Fotocopia do libro de familia.

 -Tarxeta ou Cartilla sanitaria do neno,a.

 -DNI neno, nena, pais.

 -Libro de familia numerosa (se procede).

 -Libro de vacinación.

   

A SECRETARIA DO CENTRO                                   

  

 

 

 

 

 

 

Estimados pais e nais:

 

Pola presente queremos comunicarlles que atendendo ó Decreto 254/2012 e á Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos, comezamos o procedemento de admisión de alumnado para o curso académico 2014/2015.

 

 

 

 

Por este motivo queremos recordarlles as seguintes cuestións de interese relativas ó proceso:

 

a)     O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel nos termos establecidos, polo tanto o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.

b)    O alumnado dos centros adscritos ten prioridade na admisión.

      c)     O alumnado que queira continuar estudos no centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe entre o 1 e o 15 de febreiro de 2016 modelo normalizado (ANEXO I) da orde.

d)    A dirección dos centros adscritos remitirá ao centro de adscrición unha relación de alumnado susceptible de matricularse xunto coas solicitudes de reserva de prazas antes do día 19 de febreiro de 2016.

  

NOTA:

 Os centros deberán informar ás familias implicadas, do inicio do proceso de reserva de prazas en centros adscritos. É importante lembrarlles que a reserva de praza ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitudes de admisión noutro centro (art. 11.2).

   

 En A Merca a 31 de xaneiro de 2016

 

 A DIRECCIÓN DO CENTRO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
20130315_admision_inf_prim_sec_bac.pdf1.03 MB
SOLICITUDE ADMISIÓN CEIP JOAQUINA GALLEGO JORRETO.pdf518.55 KB
RESERVA PRAZA CEIP JOQUINA GALLEGOanexo_1_g (2) (1).pdf434.53 KB
Lingua Materna - Infantil.pdf36.29 KB
prazasAsignadas_2006101232_20fc580d-0293-4acb-abc8-7f777f6ee689.pdf144.5 KB
prazasAsignadas_2006261350_5fb8fc1b-913f-4f9e-9f5f-8d0817a3605a.pdf144.55 KB
anexoiii_1_infantil_primaria MERCA.pdf466.19 KB