Skip to Content

Educación artística

actividades de música y plástica

PROXECTO GLOBALIZADO "ARTE POLOS CINCO CONTINENTES": do 25 de maio ao 7 de xuño.

E chegamos ao final do noso proxecto! Durante estas derradeiras semanas viaxaremos por África e Asia descubrindo arte e idiomas. 

Entrade en https://aulareira.blogspot.com/2020/05/actividade-globalizada-para-infantil-e_25.html para abrir o mapa e consultar as actividades.

PROXECTO GLOBALIZADO "ARTE POLOS CINCO CONTINENTES": semana do 11 ao 24 de maio.

Seguimos avanzando no noso proxecto. Nesta ocasión visitaremos o continente Americano e Oceanía. Visita o blogue aulareira para entrar na actividade.

PROXECTO GLOBALIZADO "ARTE POLOS CINCO CONTINENTES": semana do 27 de abril ao 8 de maio.

Este breve proxecto nos leva de viaxe pola cultura artística de cinco continentes: Europa, América, Asia, Oceanía e África. Repasaremos e reforzaremos de xeito globalizado temas xa vistos durante o 1º e 2º trimestre deste curso e relacionados co proxecto de centro “Persoas iguais, linguas diversas".

PARA COMEZAR O PROXECTO ENTRA NO BLOGUE WWW.AULAREIRA.BLOGSPOT.COM

 

 

ACTIVIDADES ARTÍSTICAS TELEMÁTICAS: semana do 20 ao 24 de abril.

Accedede ao blogue https://aulareira.blogspot.com/ para ver as novas actividades desta semana e non vos olvidedes de enviar evidencia ao email alumnarte@gmail.com.

Apertas!!

(Si necesitais una traducción al castellano de las actividades del blog, me lo podeis comentar escribiendo al email que os indico arriba.)

 

ACTIVIDADES ARTÍSTICAS TELEMÁTICAS: semana do 14 ao 17 de abril.

Xa temos novas actividades artísticas para esta semana. 

Accedede ao blogue https://aulareira.blogspot.com/ para velas e non vos olvidedes de enviar evidencia ao email alumnarte@gmail.com.

Apertas!!

ACTIVIDADE ARTÍSTICA PARA INFANTIL E PRIMARIA, semana 3: actividade única.

Hola rapaciños/as, para esta última semana antes das vacacións de Semana Santa vos propoño unha única actividade para todos/as, facer un PROGRAMA DE RADIO, tamén chamado podcast. Para saber o que temos que facer, entrade no blogue AULAREIRA.

Por certo, xa temos recopiladas todas as vosas recomendacións musicais, podedes acceder dende AQUÍ.

ACTIVIDADES ARTÍSTICAS TELEMÁTICAS: semana 2

No blogue  "aulareira" encontraredes as actividades para a semana 2. Igual ca semana pasada, debedes escoller alomenos unha de cada e enviar evidencia para valoración ao email alumnarte@gmail.com.

As actividades son as seguintes:

PLÁSTICA:

Actividade 1: O noso retrato en collage.

Actividade 2: Lettering ou a arte de debuxar palabras.

---------------------------------------------

MÚSICA:

Actividade 1: Explora os sons da dúa casa.

Actividade 2: Escoita e aprende unha canción.

Esperamos que todos e todas vos encontredes ben. Para calquera dúbida tamén podedes poñeros en contacto por email. 

GRACIAS POLA VOSA LABOR.

Un saúdo!

ACTIVIDADES ARTÍSTICAS TELEMÁTICAS: semana 1

https://aulareira.blogspot.com/

No blogue  "aulareira" encontraredes as actividades para plástica e música. Hai dous actividades propostas para cada materia, das cales como mínimo debedes realizar unha. A proposta foi a seguinte:

PLÁSTICA:

Actividade 1: Realización dun bodegón.

Actividade 2: Origami.

---------------------------------------------

MÚSICA:

Actividade 1: Creación da nosa propia lista de reprodución musical.

Actividade 2: Instrumentos musicais reciclados.

Utilizaremos o correo alumnarte@gmail.com para facer o seguimento das actividades para todo o alumnad@ que poida utilizalo, para o resto, en canto volvamos a clase deberedes presentar os traballos para recibir unha valoración.

Un saúdo!

Blog de educación artística

Aquí tedes o blog de aula, no que podedes ver algunhas cousiñas que facemos no aula.

Un saúdo!!

Educación Artística no CEIP Illas Cíes

 

O CEIP Illas Cíes conta cunha aula destinada á Educación Musical e unha aula específica de Educación Plástica para o alumnado de educación primaria, o cal facilita considerablemente o traballo con diversas técnicas,.

Na aula de plástica temos mesas para o traballo en equipo (organizadas por cores), taburetes, e ademáis a aula conta con auga corrente (todo un luxo!). A aula de música é bastante ampla de xeito que nela podemos facer actividades de movemento, expresión corporal e danza; temos así mesmo unha considerable dotación de instrumentos musicais, ordenador, teclado, cadea musical e canón de vídeo.

A metodoloxía na área de Educación Artística na etapa de primaria no noso centro tenta seguir os seguintes principios:

  • Inductiva: os contidos teóricos adquírense a través da previa vivencia práctica por parte dos alumnos.
  • Activa: no senso de estimular a actividade física e intelectual do alumnado.
  • Colectiva: tenta estimular a capacidade de traballar en equipo.
  • Ecolóxica e solidaria: tenta aproveitar materiais de refugallo como material didáctico e está preocupada polo desenvolvemento dos valores no alumnado.
Distribuir contido


by Dr. Radut