A nosa biblio

BIBLIOTECA LIM

Os libros interactivos LIM axúdannos a estudar e repasar todas as asignaturas.

Para chegar a eles, pincha aquí.

BIBLIOTECA DOS MIL MUNDOS

 

A biblioteca escolar de centro é un recurso vital para a práctica educativa, a innovación pedagóxica e para a formación do alumnado nunha sociedade da información, que demanda adquisición de destrezas de busca de información e construción crítIca de coñecemento a través da consulta de distintas fontes de información.

Coa finalidade de facer día a día deste obxectivo unha realidade, o noso centro leva participando ininterrumpidamente dende o curso académico 2006/07 no PLAN DE MELLORA DE PIBLIOTECAS ESCOLARES da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (PLAMBE-2).

O equipo de da biblioteca está composto na actualidade de cinco docentes do centro, encargados de organizar o día a día da xesión da biblioteca, a realización de actividades de animación á lectura así coma a formación de usuarios.

A biblioteca fai tamén empréstimos ás familias do alumnado e conta cunha sección específica para nais e pais. O horario de apertura polas tardes (para alumnado e familias) é de 16:00 a 17 hs os luns, mércores, xoves e venres.

Podedes contactar con nós no correo: bibliotecaceipillascies@gmail.com

O BLOGUE DA NOSA BIBLIO

Para acceder ao noso blogue e a información da nosa actividade polo miudo

preme sobre o logotipo da nosa biblio.

                                                                          

EXPOSICIÓN DE NADAL DE NOVIDADES EDITORIAIS NA BIBLIOTECA DO CENTRO DURANTE DO 17 AO 21 DE DECEMBRO

A biblioteca estará aberta de 16:00 a 17:00 toda a semana do 17 ao 21 de decembro.

Con esta exposición tentamos axudar aos pais e nais do centro a

escoller entre a oferta editorial máis suculenta,

á hora de realizar os seus agasallos de Nadal

A ESCRITORA FINA CASALDERREY VISITA A "BIBLIOTECA DOS MIL MUNDOS"

A escritora Fina Casalderrey visitou o martes 27 de novembro a "Biblioteca dos Mil Mundos"  e mantivo unha xuntanza cos alumnos do terceiro ciclo de Educación Primaria. Ao final da visita, os alumnos de sexto agasallaron a Fina cunha tarxeta coa dirección do blogue da súa aula no que figura o traballo "Historias e falcatruadas de Noema e o seu avó". O alumnado de quinto agasallouna cun libro elaborado por eles e inspirado nunha das obras da escritora.

Distribuir contido