Papá Noel visita o centro. Os nenos e nenas entregaron as súas cartas , os profes tamén tiveron ocasión de falar con él . A ANPA fixo tódolos preparativos para axudar a Papá Noel e que non faltaran golosinas para tódolos rapaces.
O venres 5 de novembro a ANPA organizou unha festa de "MEDO" .Foron convidadas meigas, esqueletos , vampiros, cabazas.... e disfrutaron do baile das lambetadas e de un espectáculo terrorífico.
O xadrez é un xogo cunha orixe milenaria e polo tanto é un deporte moi establecido, cunhas regras claras, definidas e marcadas, que mesmo ten os seus propios rituais. De tódolos xeitos, para comezar a iniciarse no xadrez, facelo dende pequenos desenvolve moitas capacidades ,é por isto que neste curso a ANPA ofrece ésta actividade .Animádevos a xogar.