Normas xerais

Normas do centro

NORMAS DO CENTRO

 

             CIRCULAR DE PRINCIPIO DE CURSO

 

Entradas e saídas 

O portalón do colexio non abrirá as súas portas ata as 8.50 (agás  para os nenos  que veñen ao servizo matinal). Por motivos de seguridade, ningún neno/a poderá estar solo no recinto escolar.

O alumnado e as familias deben esperar na zona da entrada principal ata que soe o timbre, ás 9:00, que será cando o alumndo de primaria se sitúa con calma na entrada posterior, cada curso na súa fila, eles sós, sen a compaña dos seus familiares.

Ás 9:05 h. entrará o alumnado de infantil acompañados das titoras que os irán a buscar á entrada principal.   

A  hora da saída é as 14:00 horas para primaria e ás 13:55 horas para infantil. O portalón de entrada abrirase as 13:50 para que entren os pais e nais a recoller ós seus fillos, e pecharase as 14:10. As familias esperarán polos alumnos na entrada do centro.

Os pais e nais que non poidan vir recoller aos seus fillos, para que os poida levar outra persoa, deberán asinar unha autorización.

En caso de choiva, tanto o alumnado como as súas familias poden abrigarse nas zonas cubertas.

Non está permitido permanecer no centro máis de 10 minutos antes da entrada e despois da saída.

Por seguridade, non se poderá acceder ós espazos didácticos pedagóxicos, incluidos corredores,  pistas deportivas e patios, durante as horas de clase, sen a debida autorización.

Na secretaría non se recollen merendas, nin material escolar que quedara olvidado na casa.

Cando un alumno/a teña que saír do centro fora do horario escolar, a persoa que o recolla deberá deixar constancia da saída nun libro de rexistro.

Está prohibido acceder ao recinto escolar co coche agás as persoas autorizadas.

 

PUNTUALIDADE

 

“ Ser puntual é chegar a tempo a fila ”.

É moi importante que se cumplan os horarios para non interromper a marcha das clases.

Cando rematen de entrar as filas dos cursos, pecharemos a porta. Os alumnos e alumnas que veñan tarde terán que entrar pola porta principal xustificando o retraso.

O portalón do colexio pecharase as 9:15 h. Para entrar cando está pechado debedes chamar ao timbre da entrada.

 

AXENDA ESCOLAR

 

Todo o alumnado de Primaria disporá dunha axenda escolar que se utilizará para o seguinte:

 

  Os alumnos e alumnas anotan as tarefas que levan a casa.

  O profesorado anota os avisos e incidencias para que se informen as familias.

 As familias anotan os avisos e incidencias que necesiten comunicar aos profesores, solicitan as entrevistas coas titoras e tamén xustifican as faltas de asistencia.

Esta axenda servirá de canle entre a familia e a escola. Por eso é moi importante que cada alumno leve          a axenda a casa e que todos os día comprobedes se hai tarefas ou avisos.

 

XUSTIFICACIÓN FALTAS ASISTENCIAS

 

As familias teñen a obriga de mandar ós seus fillos e fillas cada día puntualmente a clase. As faltas de asistencia e puntualidade deben ter unha xustificación razoable.

Estas faltas deben xustificarse por escrito na axenda, especificando motivo, data e firma do pai/nai/titor.

Rogamos non utilizar o teléfono para a xustificación das faltas, excepto cando vexades a necesidade de xustificar unha falta pouco común, grave ou contaxiosa.

 

MATERIAL

 

Cada alumno/a necesita un material que se pide a principio de curso. Procurade adquirilo o máis pronto posible e pedirlle ós vosos fillos/as que o coiden con esmero.

 

AVALIACIÓN

 

As familias recibirán información escrita sobre a evolución educativa do alumnado cada trimestre.

 

HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS

 

As familias poderán solicitar entrevistas coas titoras. O horario de atención ás familias é os martes, de 16:00 a 17:00 horas, sendo necesario solicitar cita previamente.

 

HORARIO DE DIRECCIÓN E SECRETARÍA

 

DIRECCIÓN: luns a venres, de 13:10 a 14:00 h.

SECRETARÍA: luns a venres, de 9:00 a 9:50 h.

 

BIBLIOTECA DO CENTRO

 

A biblioteca estará aberta para as familias os luns, mércores e venres, de 16:00 a17:00 h.

 

PROXECTO DO CENTRO

 

Cada ano eleximos un tema como proxecto de centro, arredor do cal xira a temática de moitas das nosa actividades. Este curso, o proxecto do centro ten como tema central o estudo dos ríos.

 

 

NORMAS PARA RECORDAR

 

Non está permitido ao alumnado usar o teléfono móbil no recinto escolar sen a debida autorización.

 

Non está permitido comer pipas no colexio.

  

Grazas pola vosa colaboración e confianza. Se atopades algún problema ou necesitades realizar alguna suxerencia ou aclaración, non dubidedes en comunicalo. 

 

 

AXUDA AOS TEUS FILLOS A USAR INTERNET

- Sempre que sexa posible, acompaña ao teu fillo cando navegue por internet.

- Garda en "favoritos" as páxinas web preferidas para que poda acceder a elas fácilmente.

- Fixa unhas regras e horarios moi claros para que sepa cando pode usar internet ou cando non.

- Anima ao teu fillo a falar abertamente sobre internet e sobre os temas que lle gusta ver ou consultar na rede.

- Faille enterder que nunca debe dar os seus datos persoais por internet. Que te pregunte sempre antes de facilitar esta información.

- Pídelle que non lle diga a ninguén as súas contrasinais. 

- Procura que o seu lugar de traballo estea disposto de forma que lle axude a evitar problemas de espalda e de fatiga visual.

DECÁLOGO DAS BOAS MANEIRAS

Distribuir contido