Orientación

RESULTADO AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA CURSO 2014/15

O curso pasado, en tódolos centros de Galicia, realízouse en 3º de educación primaria unha proba para avaliar no alumnado o seguinte:

1. Competencia en comunicación lingüística.

2. Competencia matemática.

Utilízase o Índice Socioeconómico e Cultural(ISEC)como elemento definitorio do contexto dos centros, co fin de realizar unha apreciación contextualizada dos seus resultados. Constrúese a partir de variables relativas ao nivel de estudo, a situación laboral e profesional das familias e aos recursos culturais e materiais no fogar.

Grupo ISEC ao que pertenece o centro: medio-alto.

 

A puntuación media obtida polo noso colexio en relación coa media de Galicia e coa media dos centros incluídos no mesmo tramo do ISEC é a seguinte:

  Media do CEIP Illas Cíes Media Galicia Media Grupo ISEC
Competencia matemática 5.9 5 6.7
Competencia comunicación lingüística 6.8 5 7.3

 

Agradecemos as familias a súa colaboración na tarefa de mellorar, xunto cos mestres, as competencias do alumnado deste centro.

COMO ACTUAR COS NOSOS FILLOS/AS?

- Tratalos/las con amor e respecto.

- Non facer por eles e elas o que poidan facer solos.

- Convencelos en vez de ganarlles.

- Tratalos/las con firmeza e habilidade á vez.

- Buscar solucións, non culpabilizalos.

- Escoitalos/as para que te escoiten a ti.

- Fixarnos na mensaxe que se esconde detrás dun mal comportamento.

- Darlles o beneficio da duda.

- Establecer rutinas con eles/as.

- Ofrecer opcións limitadas.

- Adentrarse no mundo deles/as.

- Mellor animalos que darlles recompensas.

- Non relacionarlles as pagas coas tarefas.

- Procurar que os nenos/as se impliquen nas tarefas domésticas.

- Abrazalos.

- Dedícarlles tempo.

EDUCAMOS

SI

-Ternura.

-Afecto.

-Tempo de calidade.

-O NON ás veces.

-As regras.

-O límite.

NON

-Sobreprotección

-Deixar facer.

-Agresividade.

-Intolerancia.

-Tiranía

 

Distribuir contido