Skip to Content

As nenas e os nenos de 6º despídense

Esta é a última semana de clases, que rematades cun sentimento agridoce, posto que finalizades unha etapa importante da vosa vida pero non vos podedes ver en persoa nin despedir de moitos compañeiros, dos profesores nin do cole.

Se é posible os profes queremos que teñades, aínda que sexa en setembro, unha ceremonia de graduación, xa que estamos moi orgullosos de vos e o merecedes; pero, de momento, temos que apañarnos co que hai e adaptarnos o mellor posible ás circunstancias que nos toca vivir.

Por iso, entre todos, fixemos un vídeo de graduación. Para ter o recordo do que vivimos e non esquecer ós amigos nin ós profes. O vídeo ten catro partes distintas: os vosos recordos, os desexos dos profes, mensaxes para que os vosos compañeiros non esquezan nunca e algunha palabra e intención para o voso eu do futuro. Estou moi orgullosa de vos, sodes grandes persoas xa dende moi novos. Déixovos co vídeo:

Ademais, como sorpresa, os pais de Óscar fixeron outro vídeo no que recollen fotos de toda a clase dende que érades pequenos. Crecestes moitísimo! Son uns expertos e tamén vos colocaron un birrete Sorriso

Vémonos o mércores na merendola en liña Guiño

 



page | by Dr. Radut