Skip to Content

COMEZO DO TERCEIRO TRIMESTRE

A POLA RECTA FINAL DO CURSO!!!

Estimadas familias:

- Dende o centro, agardamos que vos atopedes ben. Ante todo dicirvos que temos que afrontar esta situación con calma e serenidade, aínda que a todas e a todos nos resulte difícil.

 - O calendario escolar publicado no DOG para este curso mantense, polo tanto, o día 14 de abril comeza oficialmente o 3º trimestre.

Esta semana debedes desenvolver as tarefas competencias de repaso que estarán colgadas dende hoxe no espazo da Web do centro.

-Estamos á espera das instrucións da Consellería de Educación que marcarán as directrices para traballar nesta recta final do curso. Tan pronto como se coñezan, colgaranse na Web do colexio, mandaremos unha mensaxe por Abalar Móbil e dende as titorías tamén podedes obter información vía email. Para calquera dúbida ou aclaración, estamos dispoñibles no teléfono do centro: 886120111 e no email ceip.illas.cies@edu.xunta.es.

Non podemos anunciar outra cousa a pesar das diferentes e confusas noticias  difundidas pola prensa. Tamén queremos insistir na necesidade de ser cautos na interpretación das mensaxes que nos chegan, son moi xerais, pouco precisas  e non afectan igualmente a todas as etapas ou niveis do ensino.

Pedimos tranquilidade e paciencia. Estarán puntualmente informadas.

COA COLABORACIÓN DE TODAS E TODOS, REMATAREMOS BEN O CURSO.



page | by Dr. Radut