Skip to Content

ANÉCDOTAS DE HAI 50 ANOS

 

A miña avoa contoume...

Eu cando era pequena e me portaba mal,

o meu mestre castigábame aguantando

unha peseta coa nariz na parede,

e tamén me puña de xeonllos.

 

Nerea 4º curso 

 

 

A miña avoa contoume que unha vez na súa clase entrou por unha fiestra un lagarto moi grande de cor vermella e verde. Todos os rapaces asustáronse moito e o lagarto aínda máis, cos berros dos nenos e nenas.

A mestra Dna. Mª Luisa, que era moi sabía, explicoulles que o lagarto era inofensivo. Colleuno coas mans de xeito coidadoso e colocouno nunha papeleira, e logo entre todos os rapaces levárono ó patio do colexio onde había unha carballeira. Alí soltárono para que fose a buscar outros lagartos para xogar.

 

Marta Vázquez 4º curso

 

 



page | by Dr. Radut