Skip to Content

A ESCRITORA FINA CASALDERREY VISITA A "BIBLIOTECA DOS MIL MUNDOS"

A escritora Fina Casalderrey visitou o martes 27 de novembro a "Biblioteca dos Mil Mundos"  e mantivo unha xuntanza cos alumnos do terceiro ciclo de Educación Primaria. Ao final da visita, os alumnos de sexto agasallaron a Fina cunha tarxeta coa dirección do blogue da súa aula no que figura o traballo "Historias e falcatruadas de Noema e o seu avó". O alumnado de quinto agasallouna cun libro elaborado por eles e inspirado nunha das obras da escritora.



book | by Dr. Radut