AXUDA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA PRIMARIA
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS
AXUDAS PARA MATERIAL E LIBROS DE TEXTO
CURSO 2022-23
NORMA: ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento ED330B). PREME PARA IR Á CONVOCATORIA NO DOG PREME PARA IR AO PORTAL EDUCATIVO DESTINATARIOS: ALUMNADO DE PRIMARIA. |
Alumnado de 1º a 6º: Axudas para adquirir material escolar
Alumnado de 1º e 2º: Axudas para adquirir libros de texto
Alumnado de 3º, 4º: Participación no fondo solidario de libros
O alumnado de 5º e 6º de Primaria non ten dereito a solicitar o fondo solidario, por non traballar con libros de texto. Está concedido o Proxecto EDIXGAL e empregaranse libros dixitais cun ultraportátil para cada alumno/a. FORMA DE PRESENTACIÓN E PRAZO: Do 19 de maio ata 22 de xuño (incluído) de 2022.
· Presentaranse preferentemente por vía electrónica accedendo á aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo asi o número de solicitude, e posteriormente poderan optar polas seguintes formas de presentacion:
- Presentacion no centro: Neste caso imprimiran a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentacion (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicacion). - Presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
· Presencialmente na secretaría do centro (con cita previa).
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR: - Anexo I e Anexo II. - Orixinal e fotocopia do libro de familia ou documento equivalente e outra documentación complementaria de ser o caso, segundo a Orde da convocatoria. |