Skip to Content

DE NOVO NO HORTO

Canto medrou todo! Pronto teremos que  recoller o que plantamos.

De momento seguimos aprendendo un montón de cousas: de plantas , de árbores, vocabulario....Cheiros, cores, formas.....ata estivemos coas multiplicacións!

Temos que volver,  xa que unha das árbores despois de observar o tronco, as follas e os seus froitos, que están empezando a medrar, aínda non sabemos de que se trata. Temos varias opcións: a maceira, a pereira, a figueira, a nogueira... e xa descartamos  a oliveira, a moreira e a cerdeira.

Ah tamén vimos o niño dunha pomba torcaz!

 



pagepeg | by Dr. Radut