Skip to Content

TAREFAS SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

Comezamos un novo mes e iso supón novos retos e novas aprendizaxes. 

5 de xuño, celébrase o día Mundial do Medio Ambiente. Por iso, esta semana centrarémonos na ENERXÍA.

Sabedes que a enerxía é moi importante verdade? Defínese como a capacidade de facer funcionar as cousas.

A enerxía non se crea nin se destrúe. Transfírese, transfórmase, almacénase e transpórtase.

A enerxía pode manifertarse de diferentes maneiras; en forma de calor, de electricidade… o que dará lugar aos tipos de enerxía: térmica, luminosa, mecánica etc.

 

enerxía obténse de dous fontes:

FONTES RENOVABLESas presentes na natureza e que non se esgotan (o vento, a luz do sol ou as ondas do mar).

 

 

FONTES NON RENOVABLES: aquelas que se esgotan a medida que as usamos (petróleo ou carbón).

 

No seguinte vídeo verás cales son os diferentes tipos de enerxía.

Pincha no seguinte enlace e presta atención:

 

https://www.youtube.com/watch?v=NAPAMIpGB-s

 

Unha vez visto o vídeo, fíxate no esquema (Documento adxunto, abaixo de todo.)

 

 

33.    Copia e relaciona as dúas columnas:

 

FONTES

   

FORMAS

 

 

Vento       

 

                        Mecánica

 

Petróleo

 

                                              

Luminosa

 

   Sol

 

                                              

Térmica

 

Uranio

 

                                              

Química

 

Auga

 

                       

Nuclear

 

 

34.    Copia e relaciona as columnas:

 

Enerxía mecánica

Transmítese en forma de calor.

Enerxía nuclear

Posúena os corpos en movemento.

Enerxía térmica

Contéñena os combustibles.

Enerxía química

Obtense de substancias como o uranio.

 

 

 

 

Agora que xa recordas os diferentes TIPOS DE ENERXÍAS, atento/a:

 

35.    Le o seguinte texto:

Susana é unha nena que cre preocuparse moito polo medio ambiente. Digo cre porque eu penso que o podería facer mellor pero quero a túa opinión.

Cando realiza unha manualidade, intenta reutilizar materiais, crear e darlle un novo uso a certas cousas. Tamén recicla o lixo da súa casa. Ademais, está ensinando ao seu irmán pequeno a clasificar o lixo para saber en qué contenedor poñer cada cousa.

Pero as miñas dúbidas veñen cando está na súa casa e ten despistes. Por exemplo, cando está a preparar un bocadillo, deixa a neveira aberta; despois lava os dentes e deixa aberta a billa, e tamén, estando na ducha, deixa correndo a auga mentras se enxaboa…

 

 

35.1.    Reflexiona se Susana podería mellorar os seus hábitos.

 

35.2.    Que consellos darías a Susana para coidar o noso fogar (A             TERRA)?

-

-

-

 

Xa eres un experto/a no coidado do medio ambiente verdade? Pois ben, temos un proxecto para ti:

 

36. ELABORACIÓN DUN LAPBOOK/TRABALLO

A orixinalidade e creatividade son as capacidades máis importantes nesta tarefa e nós, estamos seguras de que todos e todas tedes un gran nivel. Por iso, deberedes crear un LAP BOOK.

Que é un LAP BOOK?

É unha especie de "libro" desplegablemoi visual.

Podes empregar cartolinas, folios de cores, pintalos ti mesmo/a, recortes etc.

Se prefires, podes facer un traballo a ordenador ou unha presentación en Power Point ou noutro formato.

O obxectivo é que aprendas por que é tan importante coidar o medio ambiente e expoñer como podemos coidalo.Preparado/a?

 

 

Segue os seguintes pasos:

PASO 1: Fíxate nos seguintes exemplos.

 

 

Paso 2: Facemos un borrador do que queremos:

  • Colle un folio
  • O tema a tratar é a ENERXÍA. Para pensar sobre o que queres poñer, anota todo o que se che ocorra sobre ela no folio (que é a enerxía, tipos, renovables ou non, consellos, que podes facer para diminuír a enerxía non renovable…).
  • Pola parte de atrás do folio planifica como vas distribuír os apartados do Lapbook (que irá arriba, abaixo, á dereita...).

·          

Paso 3: Busca información sobre a enerxía para completar as ideas que anotaches (Tamén podes recoller a información que aparece no vídeo que viches).

 

Paso 4: Comeza a decorar e plasmar a información no LapBook.

 



page | by Dr. Radut