Skip to Content

Semana do 25 ó 29 de maio

Tarefa 21: Vídeo Graduación

Imos facer un gran vídeo para a vosa graduación. Falaredes do voso paso polo colexio, dos amigos que fixestes, de acontecementos que vos marcaron, de anécdotas graciosas, de cousas que nunca esqueceredes...

 

 

Tedes que enviar dous vídeos de 20 segundos máximo cada vídeo. Todos tedes que facer os dous. En formato mp4, en HORIZONTAL e en galego. Por favor, fixádevos ben en como se pide que teñen que ser os vídeos, para non facer o traballo dúas veces.

  • Primeiro vídeo:

Non pode durar máis de 20 segundos. Podedes elixir entre as seguintes opcións:

- Un pequeno resumo de como foi o voso paso polo colexio. Podedes falar a nivel xeral ou dalgún ano en especial.

- Dos amigos que fixestes.

- De acontecementos que vos marcaron.

- De anécdotas graciosas ou bos recordos.

- De cousas que nunca esqueceredes ou que pensades que deben quedar recollidas para sempre...

  • Segundo vídeo:

Non pode durar máis de 20 segundos. Podedes elixir entre as seguintes opcións:

- Enviarlles unha mensaxe os vosos compañeiros

- Darvos un consello a vos mesmos nun futuro

Podedes axudarvos de debuxos, fotografías, atrezzo... para ambientar o que ides contar.

Tedes ata o xoves 28 ás 23:59 para enviar os vídeos.

 

Tarefa 22: Presentación dos vosos países

Na reunión desta semana faredes unha presentación oral na que falaredes do país sobre o que fixestes o traballo da Unión Europea. Preparade con antelación o que ides contare ensaiade un pouco. A clave dunha boa presentación é a práctica.

Os días de reunión serán os seguintes:

  • Mércores 27: de 10:30 a 11:30 Grupo 1

  • Mércores 27: de 12:00 a 13:00 Grupo 2

Recollestes información moi interesante sobre diferentes países membros, curiosidades, gastronomía, lugares impresionantes que visitar... A ver se conseguides que os vosos compañeiros e compañeiras se enamoren do voso país coa vosa presentación.

 

Tarefa 23: Repaso xeral de Ciencias da Natureza

Tedes en adxunto esta tarefa. A enviades para Estela nun email aparte.

 

 

Tarefa 24: Mínimo común múltiplo

La pasada semana con el Bingo parece que muchos os olvidasteis este concepto. Podéis repasarlo en la página 40 del tema 3. Después, haréis el siguiente ejercicio:

Una vez sepáis que está hecho de la mejor manera que podéis le dais aTERMINADO”. Ponéis vuestro nombre y me llegarán a mi automáticamente. Así veo lo que sabe cada uno y si os acordáis de conceptos fundamentales como este.

 

Isto é todo por esta semana. Lembrade enviar o vídeo antes do venres, para o resto de tarefas tedes toda a semana para facelas. Ánimo :)

 P.D. Esta é a ultima semana para enviar a foto para a orla. Os rezagados enviádea canto antes.

AdxuntoTamaño
REPASANDO CIENCIAS DA NATUREZA.pdf677.81 KB


page | by Dr. Radut