Skip to Content

Semana do 19 ó 22 de maio

O noso vídeo sobre Calvalho Calero está subido á páxina principal do cole. Noraboa polas vosas aportacións, sodes unha clase moi traballadora e quedou un vídeo moi bo. Deixo o link do vídeo por aquí(https://www.youtube.com/watch?v=Rh3XhCGt_6U ) e paso a explicar as tarefas desta semana:

 

Tarefa 19: Bingo matemático

O luns pola mañá cada un de vos recibirá no seu correo electrónico un cartón para xogar ó bingo.

Ese cartón soamente contén as instrucións para averiguar os números que vos tocaron, polo que teredes que resolver cada cadrado co número correcto. Son contidos que traballamos ó longo de todo o curso, polo que podedes axudarvos do libro se non recordades algo.

Esta semana faremos dous grupos para as reunións en liña. Serán o mércores pola tarde:

  • Grupo 1: de 4 a 5 pm
  • Grupo 2: de 5:30 a 6:30 pm

Tedes que ter os vosos cartóns resoltos para esa reunión posto que na reunión xogaremos ó bingo en directo. Eu farei o sorteo, e vos iredes vendo se vos van tocando os números ata que alguén sexa o primeiro en completar o cartón.

Resolvede os vosos cartóns con ollo, posto que terédesmos que enviar.

*A partires da semana do 25 de maio faremos sempre as reunións os mércores pola mañá.

 

Tarefa 20: Invento a miña empresa

Nesta actividade ides repasar os sectores económicos e algún contido de lingua. Teredes que inventar a vosa empresa, pensar en que sector a situariades e crear unha tarxeta de presentación da mesma.

Tedes a actividade desenvolta no adxunto. A vai corrixir Estela, polo que no asunto debedes indicar que o email é para ela.

 P.D. Non vos esquezades de ir mandando a foto da orla.

AdxuntoTamaño
tarefa20.pdf139.6 KB


page | by Dr. Radut