Skip to Content

Semana do 11 ó 15 de maio

Comezamos a semana das Letras Galegas, aínda que polas circunstancias que estamos vivindo esta data celebrarase oficialmente en outubro. Este ano adícanselle a Ricardo Carvalho Calero, un célebre autor ferrolán reintegracionista, unha postura que defende que a lingua galega e o resto de variantes da lingua portuguesa son unha lingua única.

TAREFA 18: Gravamos un documental informativo.

1.Toda a clase vai gravar un informativo televisivo sobre a vida de Carvalho Calero.En adxunto hai unha pequena biografía do autor e antes de cada parte está o que tedes que gravar cada un na casa cos vosos nomes. Fora vergoña! Tedes que enviar un vídeo:

  • HORIZONTAL no que saiades dicindo a parte que vos toca (podedes facer un decorado ou cartel axeitado segundo a parte que vos toque, valorarase a orixinalidade).
  • En formato MP4.

Lémbrovos que o traballo é obrigatorio. A data límite para enviar o vídeo é o mércores 13 ata as 23:59 da noite, tedes 3 días.

2. Ademais de gravar o vídeo, deixo en adxunto tamén unhas actividades sobre a mesma temática. Se non tedes impresora podedes copiar as preguntas a man e enviarme as fotos (sempre co voso nome nos arquivos e que se lea claramente o escrito).

3. Por último, tedes que resolver o seguinte ESCAPE ROOM sobre Carvalho Calero. Lede primeiro ben a súa biografía (o arquivo do documental informativo). O facelo conseguiredes un código que me teredes que enviar para que vos de a actividade como superada:

https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020

Para as actividades e o escape room tedes toda a semana.

  • Lembrade que ó longo do mércores e o xoves nos reuniremos por videoconferencia; xa están enviadas todas as invitacións, se alguén non a recibiu que mo faga saber.
  • O blog da biblioteca do cole https://bibliotecaillascies.wordpress.com/ publica diariamente contido moi interesante. Recordade que tedes que facer polo menos 30 minutos diarios de lectura. Pasade a botarlle un ollo e atoparedes un montón de recursos!
AdxuntoTamaño
Calvalho Calero DOCUMENTAL INFORMATIVO.pdf488.24 KB
actividades carballo.pdf608.75 KB


page | by Dr. Radut