Skip to Content

Os vosos traballos

Bós días, 6º!

Fíxose máis amena a semana facendo felices as vosas familias? Seguro que sí. Fixestes festas de cumpreanos e videochamadas, recitastes poemas e ata grabastes vídeos moi emotivos involucrando a toda a vosa familia. Noraboa polos traballos! Os rezagados aínda estades a tempo de enviar as cousas.

A maioría de vos fixo a biografía de Marie Curie ou Amelia Earhart. Foron mulleres incríbles, pero houbo algún que levou o traballo máis aló e mirou ata unha serie para ter máis información sobre Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga. Ademáis despois investigou sobre o matrimonio homosexual no mundo e no noso país. Estades que vos saídes!

Deixo en adxunto as solucións de matemáticas. Agardo que todos fixérades as actividades. Preguntade se tedes dúbidas. Podemos facer algunha titoría telefónica se o precisades.

AdxuntoTamaño
SOLUCIONES FRACCIONES.pdf220.76 KB


page | by Dr. Radut