Skip to Content

Semana do 14 ó 17 de abril

Agardo que pasárades boas vacacións. As tarefas desta semana son as seguintes:

TAREFA 8

Como sabedes, a biografía de alguén é a historia desa persoa. É un texto que narra os feitos máis significativos da súa vida, dende o seu nacemento ata a súa morte; aínda que tamén se poden facer biografías de persoas que aínda non faleceron. É importante facer fincapé en feitos, logros, fracasos e outros aspectos que se queiran destacar. A palabra ven do grego e significa “escribir a vida”.

Esta semana deberedes escribir unha biografía en galego dunha das seguintes personaxes:

  • Rosalía de Castro

  • Isabel Barreto de Castro

  • Marie Curie

  • Vero Boquete

  • Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga

  • Amelia Earthart

  • Podedes facelo dunha muller relevante da vosa familia ou contorna

Intentade facelo a ordenador os que poidades, os que non vos sexa posible facédemo saber. A extensión será dunha páxina como mínimo e dúas páxinas como máximo; con letra Arial tamaño 12 e interliñado 1,5. Enviádeo ó email da clase.

 

 

TAREFA 9

Repaso das fraccións. Tedes en adxunto, ó final da publicación, uns exercicios para repasar as fraccións ata onde as vimos. Espero que non vos esquecérades de como facelos. O venres publicarei as solucións para que poidades corrixilos.

 

TAREFA 10

Pensade que cousas podedes facer para darlle unha alegría a algún membro da familia. Poñede unha desas ideas en práctica e contádeme o resultado por email (como foi todo, se saíu ben, se lograstes o voso obxectivo, que pensou a vosa familia, etc).

 

Isto é todo por esta semana. Ánimo, 6º!

 

AdxuntoTamaño
fracciones ejercicios.pdf79.07 KB


story | by Dr. Radut