TAREFA SEMANAL DO 23 AO 27 DE MARZO
TAREFA SEMANAL DO 23 AO 27 DE MARZO
Ola a todos/ as.
Espero, de corazón, que todos/ as vos atopedes ben e que xuntos, coas vosas familias empezásedes co diario da aula e resúltevos divertido e á vez instrutivo, para facer sós/as ou ben, algunhas tarefas, coa vosa familia.
O meu enderezo electrónico para que poida contactar convosco e vós comigo é este:
Para esta semana propóñovos:
1-Seguir co diario de aulae as tarefas que iniciamos a semana pasada:
· Poñer a data todos os días das dúas formas que sabemos
· A hora na que realizamos todas as actividades diarias en reloxos dixital e analóxico.
2-Esta semana tamén vos convido a incluír nas devanditas actividades as áreas de inglés, educación física e educación artística que atopardes na web e ampliando noso propio horario. Exemplo: levantarnos , almorzo, inglés, matemáticas, artística, lingua, sociais, pausa para xogar, momento de lectura en familia...
3-Seguiremos facendo actividades de matemáticas
· Escribir e repasar unha táboa diaria, algún irmán maior, papá ou mamá poden preguntárnolas.
· Estimación dos alimentos e produtos necesarios para unha semana na nosa familia.
· Anotamos os prezos dos alimentos e sumamos o gasto familiar para unha semana e o diñeiro que necesitamos (billetes e moedas). Canto gastamos.
4-A lectura de todos os díasfacendo un resumo no diario e as nosas valoracións, no club de lectura en familia e individual.
· Incluímos esta semana unha lista de libros favoritos ou que lemos durante estes días ou vaiamos ler.
5-A primavera chegou e con ela o florecemento das plantas como estabamos a estudar en naturais. Propóñovos que se tedes algunha planta, ou algunhas en casa, lles fagades un debuxo, as coidedes e anotedes todas as súas partes.
6-Podemos, agora que temos que estar na casa, recompilar algunha receita e apuntala no diario poñendo as cantidades necesarias e un debuxo ou foto do resultado final.
7-Se temos ordenador ou tablet repasamos o que aprendemos en informática. O mundo das TIC
· Acender computador
· Apagar
· Crear un cartafol co noso nome e gardala.
· Podemos buscar información na web sobre algún libro ou tema que nos interese e gardala no noso cartafol.
· De todo tamén o poñeremos por escrito no noso caderno de aula. Por exemplo: “hoxe tempo dedicado ao computador... e repasei e busquei...”
8-O día 28 é o día da Reconquista de Vigo. Buscaremos información sobre ese día ou lle preguntamos aos nosos pais e facemos un pequeno resumo que escribiremos no diario. Tamén podedes ver esta información sobre a festa, na rede.
https://mas.farodevigo.es/fiesta-reconquista-vigo/historia.html
9-Convídovos a visitar o noso blogue
https://arcoirisprimaria.blogspot.com/
Onde podedes atopar páxinas interesantes:
https://www.mundoprimaria.com/
https://www.edu.xunta.es/xogos/