Skip to Content

TAREFAS PARA ESTES DÍAS NA CASA

TAREFA 1

Ó longo de todos estos días que non vas a asistir ó colexio (o fin de semana e os festivos non), elaborarás un audiodiario en galego. Vai ser un diario especial no que contarás o teu día a día vivindo esta pandemia. Será un audiodiario, pois terás que utilizar a gravadora (por exemplo a dun móbil) para contalo.

Cada día falarás un mínimo de 1 minuto e un máximo de 2. Este traballo prolongarase tanto tempo como días que permanezas na casa. Non esquezas planificar coidadosamente o que vas dicir. Lembra que terás este recordo contigo para sempre, faino interesante e real!

A entrega destes audiodiarios será nun pendrive á volta ó cole.

*É convinte que na casa leas todos os días. Tanto os xornais como cómics, novelas... Pode participar toda a familia.

*Cada domingo publicaranse as tarefas para a semana seguinte. Ánimo e a traballar! :)



page | by Dr. Radut