Skip to Content

MERCADO CONSUM-ILLAS

¡Que movida! ¡UN EXITAZO!

Montar postos de venta, expoñer os produtos elaborados, colocar os prezos, colgar carteis publicitarios, comprar, vender, aproveitar ofertas...

 

No posto de COOPERATIVA ECO-CÍES, de 2º, e SUPER FROITAS BROS, de 3º, consumimos produtos naturais e ecolóxicos: brochetas de froitas, compota de mazá, rebanadas de pan de casa con tomate...

No posto de Infantil, BISCOITOS E BICOS DE MIL EN MIL degustamos doces feitos con moito cariño.

En CREACIÓNS NAINO-NAINO'S, de 5º,  todo estaba feito con materias reciclados: carteiras, pulseiras, broches...

En CADROS FANTASÍA, de 1º,  compramos cadros orixinais feitos con gran creatividade...

Na XOGUETERÍA CUARTO, mercamos xoguetes de segunda man.

E na LIBRARÍA DOS SOÑOS, de 6º, tiñamos contos para todos os gustos, e tamén marcadores.

Os nenos e nenas desenvolveron o rol de produtores, vendedores e compradores. Traballaron a linguaxe publicitaria a través dos carteis elaborados e o cálculo mental.

O mercado supuso un gran traballo en equipo previo, onde foi necesario respectar as ideas dos compañeiros e compañeiiras e colaboración para poder levar todo a bo fin.

Tamén moitas familias colaboraron preparando produtos para algúns postos.



page | by Dr. Radut