Skip to Content

VACACIÓNS SEMANA SANTA

 

Estimadas familias:

 

Desexámosvos unhas boas vacacións de Semana Santa. É un tempo para disfrutar coa familia e estar máis tempo xuntos, tamén para reflexionar sobre a época actual que estamos vivindo, porque sen dúbida fixo aflorar o mellor de todas as persoas: colaboración, solidariedade, compartir, axuda, amor e valorar a familia, as amistades e o compañeirismo.

Merecedes descansar e  desconectar das actividades escolares. Respondestes moi ben ás tarefas que vos encomendou o profesorado. A todos nos colleu por sorpresa esta situación, pero soubestes responder a todo o que se vos pediu dende o centro, tanto as familias como o alumnado.

NESTA SEMANA NON HABERÁ TAREFAS NO ESPAZO DE CADA TITORÍA.

Recuperarse do traballo e recargai as pilas de moito ánimo para saír pronto desta situación.

Estade atentos ás novas instrucións que se poidan publicar na Web do centro ou polo Abalar Móbil.

Unha aperta e os mellores desexos para toda a comunidade educativa.

 O equipo de profesorado do CEIP Illas Cíes.

 


VACACIÓNS SEMANA SANTA

Estimadas familias:

 Desexámosvos unhas boas vacacións de Semana Santa. É un tempo para disfrutar coa familia e estar máis tempo xuntos, tamén para reflexionar sobre a época actual que estamos vivindo, porque sen dúbida fixo aflorar o mellor de todas as persoas: colaboración, solidariedade, compartir, axuda, amor e valorar a familia, as amistades e o compañeirismo.

Merecedes descansar e  desconectar das actividades escolares. Respondestes moi ben ás tarefas que vos encomendou o profesorado. A todos nos colleu por sorpresa esta situación, pero soubestes responder a todo o que se vos pediu dende o centro, tanto as familias como o alumnado.

NESTA SEMANA NON HABERÁ TAREFAS NO ESPAZO DE CADA TITORÍA.

Recuperarse do traballo e recargai as pilas de moito ánimo para saír pronto desta situación.

Estade atentos ás novas instrucións que se poidan publicar na Web do centro ou polo Abalar Móbil.

Unha aperta e os mellores desexos para toda a comunidade educativa.

 O equipo de profesorado do CEIP Illas Cíes.

 

 

HORTO ESCOLAR

OS PRODUTOS DO NOSO HORTO MEDRAN CADA DÍA MÁIS. OS CHÍCHAROS. OS ALLOS, A REMOLACHA DE MESA, OS PORROS, AS ACELGAS, AS LEITUGAS, AS CEBOLAS, O REPOLO E AS FRESAS. PRECISAN DOS NOSOS COIDADOS E ESTÁN ESPERANDO POR NÓS. E DESPOIS.... A COMER NATURAL!!!

IMG_5532.JPG

TAREFAS SEMANA DO 30 DE MARZO A 3 DE ABRIL

Ola!!! Xa están colgadas as tarefas para esta semana de confinamento. A seguinte semana, aínda que siga o estado de alarma, non haberá tarefas xa que é semana de vacacións de Semana Santa. Ánimo e a comezar as de esta semana do 30 de marzo ao 3 de abril Podedes enviar algunha aos email de cada titoría ou especialidade.

RECORDADE TAMÉN QUE O VENRES DÍA 3 RECIBIREDES AS NOTAS DA SEGUNDA AVALIACIÓN POR ABALARMÓBIL. NORABOA A TODAS E A TODOS POLO TRABALLO.

RECURSOS MUNICIPAIS ANTE O ESTADO DE ALARMA

Covid-19: Información de Benestar Social sobre recursos municipais do Concello de Vigo ante o estado de alarma

 http://hoxe.vigo.org/actualidade/avisos.php?id=4121&lang=gal#/

 

1. Familias que teñen menores con bolsa de comedor en centros escolares de Vigo, con rendas inferiores a 300€ per cápita.

Enviar un correo a axuda.comedor@vigo.org co nome do menor, o centro no que están escolarizados e o número de conta IBAN para o ingreso.

 

2. Familias que teñen necesidades con menores non bolseiros de comedor, ou sen menores.

Enviar un correo a ofi.central@vigo.org ou chamar ao 010. As unidades de traballo social valorarán a procedencia de apoio económico mediante o Programa contra Desafiuzamentos e Emerxencia Social.

 

3. Maiores con necesidade de recibir axuda para realizar compra de alimentación. Enviar un correo a ofi.central@vigo.org ou chamar ao 010 cos datos de identificación, dirección e telefono.

 

4. Persoas maiores que residen sós e que necesitan apoio do SAF (Servizo Municipal de Axuda non Fogar):

a) Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria (coidados persoais, alimentación, etc.).

b) Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda.

c) Acompañamentos fóra do domicilio (citas e xestións).

Enviar un correo a ofi.central@vigo.org ou chamar ao 010. En lestes casos os responsables do SAF farán unha valoración social previa.

 

5. Persoas sen fogar, durmindo en rúa: ofértaselles a posibilidade de aloxamento alternativo ou reparto de comida, tendo que facilitar neste caso nome e dirección para levarlla.

 

6. Persoas que acudían regularmente aos comedores sociais: levaráselles a comida ás súas direccións.

 

Enviar un correo a ofi.central@vigo.org ou chamar ao 010 cos datos de identificación e o comedor social no que se lles está atendendo).

 

7. Familias de PSEAF (Programa socioeducativo de Apoio Familiar).

Valorarase a procedencia de apoio económico mediante o Programa contra Desafiuzamentos e Emerxencia Social, previo informe dos educadores sociais.

NOTAS DA 2ª AVALIACIÓN

AS NOTAS DA 2ª AVALIACIÓN SERÁN PUBLICADAS O VENRES DÍA 3 DE ABRIL NA APLICACIÓN ABALAR MÓBIL. PREGAMOS A TODAS AS FAMILIAS QUE DESCARGUEN ESTA APLICACIÓN NOS SEUS TELÉFONOS MÓBILES (á hora de descargar  esta aplicación teñen que dar permiso ao acesso de todos os apartados). SE TEÑEN PROBLEMAS NA DESCARGA PÓÑANSE EN CONTACTO COAS TITORAS.

ESTADO DE ALARMA

PRORROGOUSE O ESTADO DE ALARMA ATA O 11 DE ABRIL. PARA CALQUER INFORMACIÓN CHAMAR

AO TÉLF. DO CENTRO 886120111

EMAIL ceip.illas.cies@edu.xunta.es

TAREFAS NA CASA E COMUNICACIÓN DO CENTRO COAS FAMILIAS

 XA ESTÁN COLGADAS EN "ASÍ TRABALLAMOS" AS TAREFAS PARA A SEMANA DO 23 AO 27 DE MARZO

 

CADA TITORA E PROFESORADO ESPECIALISTA CREOU UNHA CONTA DE GMAIL PARA QUE A COMUNICACIÓN SEXA FLUIDA ENTRE O COLEXIO E AS FAMILIAS E VICEVERSA. A TRAVÉS DESTES EMAILS PRETENDEMOS SABER COMO SE ATOPA O ALUMNADO, PODEN CONSULTAR DÚBIDAS SOBRE AS TAREFAS E MESMO ENVIAR ALGUNHAS QUE LLES SEXAN REQUERIDAS (SEMPRE COA SUPERVISIÓN DUN PROXENITOR).

 

 

CON CARACTER URXENTE, AS TITORAS DESEXAN POÑERSE EN CONTACTO CON TODAS AS FAMILIAS VIA EMAIL (A SER POSIBLE). EN CASO CONTRARIO BUSCAREMOS OUTRO MEDIO.

SOLICITAMOS A SÚA COLABORACIÓN: PRECISAMOS QUE ES FAMILIAS ENVÍEN UN EMAIL ÁS SÚAS TITORAS (COMO MÁXIMO ATA O MÉRCORES 25 - ver email na táboa) PARA TER ESA VÍA DE COMUNICACCIÓN.

 

Pregamos ás persoas que lean esta nota, faciliten a máxima difusión desta inciativa por was ou medios que teñan ao seu alcance, e así poidamos recibir os correos canto antes e do maior nº posible de fogares.

 

O LUNS 23, O PROFESORADO COLGARÁ AS TAREFAS NOS ESPAZOS WEB PARA A SEMANA DO 23 AO 27 DE MARZO.

 

 

ÁNIMO E QUEDA NA CASA PARA COMBATIR ESTE VIRUS.

UNHA APERTA DO EQUIPO DE PROFESORADO.

 

CONTAS DE EMAIL DE CADA TITORÍA/ESPECIALIDADE

TITORÍA/ESPECIALIDADE

EMAIL

INFANTIL

pequecies@gmail.com

1º PRIMARIA

anaibusquiza@gmail.com

2º PRIMARIA

illasciessegundo@gmail.com

3º PRIMARIA

elenarcoiris@gmail.com

4º PRIMARIA

illasciescuarto@gmail.com

5º PRIMARIA

illasciesquinto@gmail.com

6º PRIMARIA

illasciessexto@gmail.com

ARTÍSTICA

alumnarte@gmail.com

ED. FÍSICA

illascieseducacionfisica@gmail.com

ORIENTACIÓN

Illasciesdorientacion2020@gmail.com

INGLÉS

REFÓRZA-T

RELIXIÓN

illasciesenglish@gmail.com

reforzat.illascies@gmail.com

conchireli35@gmail.com

ADMISIÓN ALUMNADO

AMPLIOUSE PROVISIONALMENTE O PRAZO PARA ENTREGAR SOLICITUDES DE ADMISIÓN ATA UNHA SEMANA DESPOIS DE REANUDAR AS CLASES.

NON SE ACONSELLA MENTRES OS CENTROS NON ABRAN PESENTALO EN PAPEL DE XEITO PRESENCIAL NO CENTRO, SENÓN PREFERENTEMENTE DE FORMA TELEMÁTICA.

COMUNICADO TAREFAS ESCOLARES

Comunicado tarefas escolares

Comunicamos ás familias que durante este período no que non asistiremos a clase, os profesores colgarán cada luns as tarefas escolares correspondentes á semana de traballo para que se poidan realizar na casa.

Só teñen que entrar nesta web do centro e na parte dereita en "así traballamos" clicar onde pon "escolares" e buscar o curso correspondente a cada alumno/a e alí atoparán as tarefas semanais, incluídas as especialidades de inglés e educación física. As tarefas da especialidade de educación artística atópanse en "así traballamos".

Esperando que esta situación dure o menos posible  e desexando volver a vernos canto antes con normalidade.

Un saúdo do equipo de profesores

Distribuir contido


by Dr. Radut