Skip to Content

Histórico de actividades

histórico de actividades realizadas en el centro

VISITA DE PAPÁ NOEL

Un ano máis, recibimos a visita de Papá Noel que recolleu as nosas cartas e fíxonos disfrutar duns momentos cheos de ilusións.

CALENDARIO

Debuxo para o calendario do centro.

Fixemos unha representación da" Festa do sol" de Perú. En quechua: INTI RAYMI

Foto saia e poncho para a danza de Nadal

As nenas levan saia negra decorada con diferentes cores.

Os nenos levan poncho vermello decorado con diferentes cores.

Estas fotos serven de guía.

MAGOSTO 2019

Celebramos o magosto no colexio. Fomos a ver como asaban as castañas, axudamos a removelas, xogamos á petanca, comimos castañas e enlarafuzámonos a cara coa cinza.

Foi moi divertido!

Os nomes da chuvia

A ilustradora Chus Ferrín enviounos rematado o libro Os nomes da chuvia.

Fermosísimo!

Quedou na Biblioteca do centro para disfrute de todos-as. 

ILUSTRADORA: Chus Ferrín

Visitounos a ilustradora Chus Ferrín o pasado 18 de novembro para realizar con nós unha actividade na Biblioteca.

Non é a primeira vez que colabora co noso colexio, ao que está moi vinculada por ser nai do noso compañeiro Roxe.

Ensinounos algúns dos seus traballos e explicounos como os facía.

Despois participamos nunha actividade que nos propuxo: ilustrar un libro creado por ela para o noso centro: OS NOMES DA CHUVIA.

Foi unha actividade estupenda! Grazas!

SAMAÍN

O 30 de outubro celebramos a festa do Samaín no colexio.

Disfrazados, acudimos cargados cos deliciosos e terroríficos doces preparados na casa. 

Disfrutamos da merendola, exposición de cabazas e cine: Coco.

Pasámolo en grande. Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.

 

TALLER DE CIENCIAS

VISITA SALINAE

INICIACIÓN BADMINTON

Distribuir contido


by Dr. Radut