Libros e flores

     Dende o equipo de Biblioteca propúxose esta actividade para conmemorar o "Día do Libro"

 



A Baiona en bicicleta

 

Como parte do Intercambio 2015 "From Manchester...To Nigrán" programouse esta actividade consistente en  desprazar ao alumnado de quinto, sexto, alumnos de Intercambio de Manchester e algúns pais e profesores a Baiona dun xeito distinto ....TODOS EN BICICLETA dende Nigrán coa finalidade de coñecer os arredores do Parador, visitar a carabela "a Pinta" e observar como funciona a Lonxa de Baiona.

 

Lecturas ao sol

 Esta actividade, xa feita outras veces, foi proposta novamente dende o equipo de traballo da Biblioteca Escolar, tendo en conta a boa acollida que tivo noutras ocasións, e realizada o xoves 23 de abril aproveitando a boa mañá que tivemos en Nigrán.

Uns minutos compartindo o pracer de ler ao sol!!

 

St. John´s en Nigrán 2015 - 17 ao 24 de abril

  

Como estes últimos 11 anos, por estas datas, un grupo de alumnos, alumnas, pais, nais e profesorado do Colexio St. John´s Primary School de Mánchester estará con nós nesta semana do 17  ao 24 de abril como parte do Intercambio Educativo "From Manchester...to Nigrán"

FELIZ ESTANCIA ENTRE NÓS!!

Pablo Moreno Sánchez estivo no "Humberto Juanes"

 Neste mes de abril do 2015 os alumnos e alumnas do CEIP "Humberto Juanes" tiveron ocasión de disfrutar coa presencia de Pablo Moreno Sánchez (Campeón de españa de Esgrima en todas as categorías).

Que quen é Pablo Moreno?  Pois Pablo Moreno forma parte do equipo nacional absoluto de esgrima na modalidade de sable. Estivo presente en todos os campeonatos do mundo absolutos de esgrima dende o ano 2009 e, ademáis, é campión de España individual e por equipos en todas as categorías. Pablo Moreno tentará chegar aos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro 2016. Co seu esforzo e o noso apoio  segurísimo que será posible. Ánimo Pablo!!

Pablo  concedeu unha entrevista "en exclusiva" para "RADIO VILAMEÁN".

                                                                                            AUDIO DA ENTREVISTA

Tamén estivo na compaña de un profesor de esgrima de Pontevedra no ximnasio do Colexio. Xuntos presentaron, de xeito ameno e moi próximo  ao alumnado, o deporte da esgrima. Ensinaron diverso tipo de material, fixeron demostracións e, sobre todo, explicaron cales son as aspiracións inmediatas de Pablo Moreno como deportista e a súa preparación para as vindeiras olimpiadas. Tamén estiveron respostando  a todas as preguntas dos nenos e nenas que, en algún intre houbo que cortar por falta de tempo. Finalmente Pablo firmou  autógrafos a todos e todas os que quixeron solicitarllo.

 

VER  FOTOGRAFÍAS

 

 

Para camiñar e coñecer Galicia

       SUXERENCIA :  

DESCARGADE NO  VOSO  MÓBIL  A  APLICACIÓN  "SENDEGAL"  DA  XUNTA  DE  GALICIA  E...

... ANIMÁDEVOS  A  FACER  ALGÚN  DOS  PERCORRIDOS  QUE  SE  PROPOÑEN  NELA!!

Entrevista a Pilar Valero Cebrián

 

   Entrevista a Pilar  Valero  Cebrián

      RADIO  ESCOLAR  "VILAMEÁN"

 

  PILAR  VALERO  CEBRIÁN  (27 de maio de 1970Zaragoza) é una ex xogadora española de baloncesto profesional.

Base formada  nas categorías inferiores do  Baloncesto Femenino Zaragoza. Unha amiga  animouna a presentarse ás probas de baloncesto para o equipo de colexio Compañía de María. Desde ese intre a súa carreira deportiva tomou un rumbo ascendente e imparable, que a situou como a mellor xogadora aragonesa de todos  os tempos, cunha prolongada traxectoria que   rematou no  2010.

Máis de 100 veces internacional coa Selección Española Absoluta de Baloncesto. Con 2 participacions  nos Mundiais de 1994 e 1998, e 3 participaciones en Europeos (1993, 1995 e 1997). Conseguindo no Europeo de 1993, en Italia, o primero Ouro senior do baloncesto español.

NOITE DE ESTRELAS

 Un ano máis....ou un ano menos segundo se vexa, o "profe" Bruno cítounos fóra da súa hora de traballo en horas que ninguén  lle paga (para que moitos falen dos funcionarios), para, co seu propio telescopio,  observar o ceo e falar de planetas, estrelas, satélites....

En anos anteriores facíao na compaña de Antonio Barreira, outro profe que tamén, de xeito vocacional,  estivo  sempre disposto a compartir os seus coñecementos co alumnado (e con nós),dentro ou fóra da súas horas de traballo.

 Grazas  Bruno. Grazas Antonio (e mellórate).

 

 ESTAS  SON  AS  IMAXES  DA  "NOITE  DE  ESTRELAS  2015"

(Fai "click" enriba para ampliar)

TEATRO: Romance de Micomicón e Adhelala

O  pasado venres, 6 de marzo, o alumnado do "Humberto Juanes" tivo a oportunidade de asistir á obra de teatro de Eduardo Blanco Amor "Romance de Micomicón e Adhelala, representada por actores e actrices de "Vichelocrego Teatro" no ximnasio do Centro.

Distribuir contido