ESTIVERON NO " COLE " - LIBRO DE VISITAS

 

 

O  pasado 17 de febreiro recibimos unha visita moi especial no noso Centro. O campeonísimo paralímpico CHANO  RODRÍGUEZ tivo unha entrevista co alumnado de 4º, 5º e 6º no Auditorio do Concello onde os nenos e nenas do "Humberto Juanes" tiveron a oportunidade de facerlle preguntas sobre o seu presente, pasado e futuro. En todas as súas respostas e no seun trato co alumnado e o profesorado deixou a pegada dunha persona extraordinaria máis alá da súa valía deportiva, que é moita.Firmou no "Libro de honra" do Concello e máis tarde dirixiuse ao "Humberto Juanes" para ser entrevistado polos nenos e nenas da Radio do Colexio:

 "RADIO ESCOLAR VILAMEÁN" . 

 

 

 SUSANA  RODRÍGUEZ  GACIO

UNHA VISITA MOI ESPECIAL: SUSANA RODRÍGUEZ GACIO

 O mércores 21 de outubro de 2015 tivemos a sorte e o privilexio de ter no noso Centro e entrevistar na Radio Escolar a Susana Rodríguez Gacio, deportista escollida "Galega do ano" en febreiro. 

Susana Rodríguez, deportista  viguesa de 25 años, cunha cegueira do 95%, rematou Fisioterapia e  Mediciña. É doble campiona mundial de duatlón e ouro en triatlón e, na actualidade, aspira a competir nos xogos Paralímpicos de Río 2016.

Ademáis de ser unha estupenda deportista deixou en nós a pegada dunha excelente persoa.

Grazas Susana!!

 

 

 

 

 

 

 

 

KEPA  JUNKERA

 

O venres 18 de decembro de 2015 o CEIP Humberto Juanes tivo a honra de recibir a un dos músicos máis importantes e recoñecidos do mundo: Kepa Junkera.

Todos os que formamos parte do centro sentímonos moi agradecidos de que fixera posible esta visita na mañá do venres entre todos os eventos que ten previstos en toda Galicia ao longo da semana. Supón para o alumnado e o claustro a posibilidade de coñecer a unha persoa cunha especial sensibilidade e virtuosismo musical, que se reflicten nas súas grabacións (Grammy no ano 2003 co seu disco “K” ) e colaboracións con músicos que afondan en diferentes estilos.

No ano 2013 adícalle un disco a Galiza: Unha das culturas máis intensas da Península Ibérica. Neste libro CD atópanse máis de 200 músicos colaboradores

 

Un pracer acollelo e un broche de ouro para este ano 2015, de intensa actividade no CEIP Humberto Juanes, no que tivemos a posibilidade de desfrutar, nun centro público, de xornadas e encontros con persoas de moita relevancia nas súas actividades, e que forman parte das vivencias e aprendizaxes do alumnado e dos Mestres.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CLUBE DE BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FRAN  ALONSO

Cursou estudos de  filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. A súa carreira como escritor aparece vencellada profesionalmente ó xornalismo e ó ámbito da edición. Foi redactor de Diario 16 de Galicia, e dende 1992 traballa en Edicións Xerais de Galicia.

Deuse a coñecer en 1991 ó gañar o Premio Blanco Amor con Tráiler, unha novela que xira en torno á vida e mitos dos transportistas. En 1994 publica Cemiterio de elefantes, unha colección de relatos centrados no mundo da noite, e en 1995 Silencio, unha novela curta na que explora a esquizofrenia do mundo urbano. O libro de relatos Males de cabeza fala sobre os problemas individuais que teñen que ver coa neurose socializada e coa ansiedade que afectan a todo o conxunto social.

Como poeta é autor dunha innovadora e interesante obra dende 1992, cando deu ó prelo Persianas, pedramol e outros nervios. O rupturismo e rebeldía  dos seus poemas está presente nas súas sucesivas entregas: Tortillas para os obreiros en 1996Subversións en 2001. O seu último poemario constitúeo Balada solitaria, un diálogo entre a linguaxe poética do galego e a linguaxe figurativa do fotógrafo portuense Renato Roque.

A súa obra narrativa e poética aparecen recollidas en diversas antoloxías. Traduciu para o galego o Polgariño de Charles Perrault, foi un dos animadores das Edicións do Dragón e coordinou e editou o libro Mini.relatos, publicado pola Librería Cartabón (1999), onde participaron 27 autores galegos novos. Foi responsable das coleccións de poesíaAblativo Absoluto e de narrativa Abismos, durante o período de vixencia das mesmas.

Está casado con Concha Costas, ex-presidenta da Mesa pola Normalización Lingüística do galego.

- Referencias extraídas da Galipedia (Wikipedia)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PABLO  MORENO  SÁNCHEZ

 

 No mes de abril do 2015 os alumnos e alumnas do CEIP "Humberto Juanes" tiveron ocasión de disfrutar coa presencia de Pablo Moreno Sánchez (Campeón de españa de Esgrima en todas as categorías).

 Pablo Moreno forma parte do equipo nacional absoluto de esgrima na modalidade de sable. Estivo presente en todos os campeonatos do mundo absolutos de esgrima dende o ano 2009 e, ademáis, é campión de España individual e por equipos en todas as categorías.

 

 

 

Sra. Carmen, cantareira y solista do grupo Malvela

 

Carmen Pérez Navasal

 Cantareira  e  solista do grupo Malvela 

 

 

XOSÉ  MANUEL  BUDIÑO