Historia do CEIP Humberto Juanes
HISTORIA DO NOSO CENTRO
O actual C.E.I.P. " Humberto Juanes" foi concebido, no 1.971, no chamado "Plan de Urxencia de Galicia" co nome de C.E.I.P. " VILAMEÁN " por ser este o barrio de Nigrán onde se instalaría o Colexio.
As obras comezaron o 1 de marzo do 1.972 e remataron o 30 de setembro dese mesmo ano.
O arquitecto do Centro foi D. Carlos G. L. Montaner.
A xustificación fundamental para a construcción do C.E.I.P. " Vilameán" foi a de agrupar diversas unitarias da zona nun só Centro. Deste xeito encheron as aulas do "Vilameán" diversos alumnos e alumnas da seguinte procedencia:
PROCEDENCIA DO ALUMNADO DAS UNITARIAS NO C.E.I.P. "Vilameán" ( ano 1.973) |
CAMOS | 2 unitarias | 1 nenas - 1 nenos |
NIGRÁN | 4 unitarias | 2 nenas - 2 nenos |
PANXÓN | 4 unitarias | 2 nenas - 2 nenos |
PARADA | 2 unitarias | 1 nenas - 1 nenos |
PRIEGUE | 2 unitarias | 1 nenas - 1 nenos |
SAN PEDRO | 2 unitarias | 1 nenas - 1 nenos |
O Colexio comeza a funcionar no 1.973 sendo o seu primeiro director D.Humberto Juanes Fidalgo.
Fotografía de alumnos/as. Curso 1.989 - 90
Fotografía de alumnos/as. CuFotografía de alumnos/as. Curso 1.989 - 90rso 1.989 - 90
FOTOGRAFÍA DO ALUMNADO DO CURSO 1989 - 90
D. Humberto Juanes foi o director do Centro dende o 1.973 ata o curso 96 / 97 ininterrumpidamente, agás un breve período
( menos dun curso escolar ) no que é nomeado Director D. Santiago Coello Blanco.
D. HUMBERTO JUANES FIDALGO
Cando comezan a funciona-los Órganos Unipersonais de goberno dos Centros exercen por vez primeira os cargos de Xefatura de Estudios
D.J. Rey Gómez Rodríguez e de Secretario D. Benito Piñeiro Diz.
Dende o curso 96 / 97 ata o 99 / 2.000 exerce as tarefas de Dirección D. J. Rey Gómez Rodríguez
No Curso 2.000 / 2.001 a Dirección do Centro Dna. Mª. Del Carmen Lorenzo Moure ata o curso 2012 / 2013
Dende o curso 2012 / 2013 foi directora do Centro Dna. Mª. Jesús Álvarez Paz ata o curso 2016 / 2017 e dende
ese curso ata a actualidade é directora do centro Dna. Cristina Fernández Piñeiro.